Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2025 | Actualizada ás 11:39
O Tribunal Supremo rexeitou admitir a trámite os recursos presentados por diversas compañías enerxéticas e pola Xunta contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de paralizar ao redor dunha decena de parques eólicos na comunidade. Entre eles, os de Troitomil, promovido por Green Capital Power nos municipios da Baña e Negreira; o Ventumelo, impulsado por Wind Hero entre os concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo) de Pico Seco e Rodeira, entre Vila de Cruces e Lalíon e Lalín e O Irixo.
O Altro Tribunal remarca que son proxectos eólicos que afectan "a espazos protexidos, fauna vulnerable e recursos hídricos esenciais para a poboación". "O Supremo conclúe que a Xunta de Galicia e as empresas promotoras recorrentes non achegan suficiente fundamentación xurídica contra as paralizacións cautelares", remarca Adega en referencia á medida adoptada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Ademais, indica que esta resolución é firme e que "apoia as medidas de suspensión cautelar adoptadas polo TSXG, impedindo o inicio de obras dos polígonos eólicos mencionados ata que non medie unha sentenza xudicial que resolva os recursos contencioso-administrativos interpostos por Adega no que se evalua a legalidade dos proxectos".
Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a relación de bens e dereitos afectados pola renovación tecnolóxica do parque eólico Coriscada, nos concellos de Mañón e Ortigueira. O acordo que publica o DOG é do departamento territorial da Coruña, e somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.