Así o explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, quen tamén destacou que a Xunta está a recibir "moitas peticións de información" doutras comunidades con costa para facer "unha normativa similar" que lles permita tamén "exercer estas competencias".
  comenta   0
A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixa de dez a oito meses de cárcere a condena imposta pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra. Así mesmo, absólvea do delito de tráfico de drogas con dano grave á saúde polo que tamén fora condenada (neste caso a tres anos de prisión).
A Naviera Illa de Ons, Iniciativas Turísticas de Ons e Viaxes Illa de Ons permitían as reservas previas no cámping da illa só aos usuarios que se trasladasen na empresa de transporte do grupo e non nas outras empresas que ofrecían o mesmo servizo.
Socialistas e nacionalistas coinciden en que a situación é "moi preocupante" e pon en risco que os traballadores municipais e empresas poidan cobrar.
  comenta   0
A APDR destaca que no propio documento de Ence exponse que "esperan non pasar de 14 millóns de metros cúbicos de auga anuais" e indican que aumentará o número de camións que se movan ao redor da factoría. A empresa recoñece que o cheiro "será inevitable que aumente" ao incrementar a emisión de gases.
  comenta   0
Carlos F.G., a súa muller e a súa filla estaban detrás de Galaprint, empresa dedicada á impresión e dona do local que ocupa o Colexio; tamén estaban detrás de Xestión Xurídica Galega, que daba asistencia xurídica ao Colexio; e de Instituto Galego de Formación Sanitaria e Promoción Social, que daba cursos aos colexiados; por eses servizos, as empresas cobraron inxentes cantidades de diñeiro.
  comenta   0
Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, os feitos ocorreron no ano 2021 e ata o mes de outubro de 2022, cando vítima e acusado convivían no mesmo barrio da localidade ourensá da Rúa
  comenta   0
O acusado levantou no aire ao animal, suxeito pola correa, e deixouno caer violentamente contra o chan ata en catro ocasións, a pesar de que, á terceira vez, a cadela xa non se movía. Ademais, cando o animal estaba tendido no chan, propinoulle unha patada.
Expón que a moza incorre en "imprecisións diversas" e "contradicións importantes", ou que o seu testemuño non é compatible coa súa forma de actuar durante a relación (e alude a que a propia moza falaba coa irmá do acusado, sobre a felicidade que sentía, e mesmo ante a eventualidade de quedar embarazada).
Os feitos ocorreron en marzo de 2022, cando despois de volver dunha noite de festa, o home aproveitou que a súa compañeira estaba durmida para meterse na súa cama e penetrala vaxinalmente.
O xulgado ditou un auto no que acorda este pago en execución dunha sentenza de setembro de 2022, que anulou un acordo da institución provincial para outorgar por 213.000 euros un contrato de subministración ao xornal por infrinxirse os requisitos esixidos.
  comenta   0
Un home foi absolto de dous delitos de agresión sexual con penetración denunciados por unha muller coa que tivera unha relación sentimental ao aplicar o tribunal o principio 'in dubio pro reo'.
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso interposto pola empresa Fergo Galicia Vento S.L. contra a Xunta de Galicia, á que reclama case 46 millóns de euros por danos e prexuízos. Faino, informa o alto tribunal galego, ao entender que llos causou a nulidade xudicial da autorización que lle concedeu o Goberno autonómico para executar o proxecto do parque eólico Serra do Oribio, situado entre os municipios lugueses de Triacastela e Samos.
  comenta   0
O Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que se opón a que os traballadores poidan gozar dun permiso retribuído por acompañar ao médico a familiares que non estean ao seu cargo, polo que só procede tal permiso cando os fillos, pais e persoas dependentes estean a cargo do traballador.
  comenta   0
A Audiencia Provincial di que non hai probas máis aló da versión da suposta vítima, na que non aprecian a veracidade suficiente.
  comenta   0
Segundo o rexedor, esta medida trátase dun "apoio importantísimo e vital" para que a compañía automobilística continúe fabricando os seus vehículos en Vigo.
A CIG Servizos cualificou o despedimento dun "claro exemplo de represalia polo mero feito de reclamar os seus dereitos".
  comenta   0
Aseguran que viviron "en shock" esa noite. Os acusados din que as relacións foron consentidas e unha dela denunciou para "ocultar a infidelidade" á parella.