Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 11:43
Auxiliares de clínica da Consellería de Política Social denunciaron que están a ser "desprazados" dos seus postos obtidos tras aprobar unha oposición e saír publicados no DOG para situar a persoal interino ao que a xustiza deu a razón na súa demanda de que a súa situación fose estabilizada.
Varias decenas de afectados por esta situación, que corresponde ás persoas da oferta de emprego público de 2019, concentráronse ás portas do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela este mércores para reclamar á Xunta que rectifique e volva situalos nos postos que lles foron asignados de forma oficial.
Segundo explicou Patricia García en nome do colectivo, reclaman á Administración galega que "indemnice" ou cren "novos postos" para estas persoas que recorreron á xustiza e que Política Social está a situar en postos asignados a traballadores que lograron a súa praza por oposición.
"O que non pode ser é que se pase por encima da xente", aseverou antes de incidir en que os seus postos "son oficiais" e "non se poden tocar" porque saíron publicados no Diario Oficial de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.