Piden ao TSXG que vixíe que se paren as obras do parque eólico Acibal ante as "sospeitas de incumprimento"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Adega e o colectivo Amil Sen Eólicos demandan que o Tribunal Superior de Xustiza de Galcia (TSXG) vixíe que se cumpre a súa decisión cautelar de suspender as obras de construción do parque eólico Acibal polo achado de restos arqueolóxicos, xa que aseguran que hai "sospeitas de incumprimento" por parte da promotora da actuación, Norvento.

Nun comunicado, sinalan que veciños puideron confirmar que, desde o pasado 8 de maio que se comunicou o auto de paralización cautelar inmediata, continuou "a actividade na zona" das empresas implicadas na obra que "deron ás veciños versións contraditorias sobre a súa presenza ante a demanda de explicacións".

Ademais, alertan da contaminación do antigo nacemento do regacho de Matacabalos con lixo xerado durante as obras, explican Adega e Amil sen Eólicos.

O alto tribunal galego ordenou que se proceda á paralización inmediata desta construción situada entre os concellos pontevedreses de Barro, Campo Lameiro e Moraña.

Adega alertou de medio centenar de achados e unha actitude "pasiva ou mesmo obstructiva" da Xunta para a súa protección, con queixas veciñais pola desfeita de petróglifos. De feito, achega informes sobre que a construción se proxectou nun campo arqueolóxico, con "boa parte xa dinamitado polas obras de Norvento, como é o caso do Coto do Mouro. Ademais, alerta de que o monte Acibal conta cunha fila tetrasqueles "única en Galicia".

O colectivo Amil Sen Eólicos denuncia o desaparecimiento da'Pisada do Mouro' do Monte Acibal. COLECTIVO AMIL SEN EÓLICOS
O colectivo Amil Sen Eólicos denuncia o desaparecimiento da'Pisada do Mouro' do Monte Acibal. COLECTIVO AMIL SEN EÓLICOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta