Sete coches rebentados a pedradas en Vilagarcía para roubar os obxectos do seu interior

Un home de 52 anos de idade, J.V.M.D., veciño de Cambados, foi detido nun operativo conxunto de Policía Local e Nacional en Vilagarcía de Arousa, como presunto autor de varios roubos con forza.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/01/2024 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Un home de 52 anos de idade, J.V.M.D., veciño de Cambados, foi detido nun operativo conxunto de Policía Local e Nacional en Vilagarcía de Arousa, como presunto autor de varios roubos con forza. Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron na madrugada deste luns, cando unha testemuña alertou de que un home estaba a rebentar os cristais de varios coches estacionados na zona da Escardia, na rúa Vila Janer.

Os axentes acudiron ao lugar e comprobaron que había 7 vehículos danados. Coa descrición facilitada pola testemuña, conseguiron localizar ao sospeitoso na rúa Santa Lucía e, ao ser interceptado, o home tratou de desfacerse dunha manta coa que envolvía dúas grandes pedras (as que supostamente utilizou para romper os portelos).

O home acabou confesando que tiña dúas mochilas escondidas, no caixeiro dun banco e entre as cadeiras amontoadas da terraza dun bar, e así o axentes puideron recuperar numerosos obxectos, supostamente procedentes dos coches: lentes de sol e lentes graduadas, uns auriculares inalámbricos, un chisqueiro, e diversos accesorios de telefonía móbil.

Imaxe de recurso dun axente da Policía Nacional
Imaxe de recurso dun axente da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta