Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2023 | Actualizada ás 11:58
Unha muller e a súa filla faleceron na mañá deste sábado tras chocar un camión-cisterna e un coche na estrada VG-4.3, ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Vilariño, en Cambados.
Segundo informou o 112, foron varios particulares os que ao fío das 9,30 horas deste sábado deron a voz de alarma. A carga que transportaba o camión non está afectada pero si, hai perda de combustible do propio vehículo pola estrada.
O suceso obrigou a cortar o tráfico entre as saídas de Corvillón e Vilanova e no punto traballan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia, o GES de Sanxenxo, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil de Cambados, Vilanova e Vilagarcía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.