Piden máis de 20 anos de cárcere para un home por intentar matar e maltratar de xeito continuado á súa parella

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2024 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide máis de 20 anos de cárcere para un home por asasinato en grao de tentativa e malos tratos continuados á súa parella, entre outros delitos, en Cambados. O caso, que proede do Xulgado de Instrución Nº3 de Cambados, xulgarase este martes ás 11.00 horas na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. Os feitos tiveron lugar no domicilio familiar, en varias ocasións, desde 1993 ata 2018.

O Ministerio Fiscal solicita para o acusado tres anos de cárcere por un delito de malos tratos habituais co agravante de que os feitos ocorreron no domicilio da vítima e en presenza da filla menor; así como cinco anos de privación do dereito á tenencia e porte de armas e oito anos de prohibición de aproximarse á vítima. Consideran ademais que se lle deberá colocar un dispositivo de control telemático do seu cumprimento fóra de prisión.

Solicitan un ano de cárcere polo delito de quebrantamento de condena e tres anos de cárcere polo delito de tenencia de armas prohibidas, con seis anos de privación do dereito á tenencia e porte de armas.

Polo delito de asasinato con aleivosía en grao de tentativa con agravante de parentesco e de xénero, piden 14 anos e 11 meses de cárcere e 24 anos de prohibición de aproximarse á muller. Tamén liberdade vixiada durante 10 anos e que se lle coloque un dispositivo de control telemático de cumprimento do afastamento fóra de prisión.

Como responsabilidade civil, o acusado deberá indemnizar á vítima con 4.000 euros polos días de curación dos menoscabos persoais derivados do prexuízo persoal e perda de calidade de vida na curación, 1.200 euros por intervención cirúrxica, 41.000 euros por secuelas físicas, 100.000 euros polo prexuízo estético moderado resultante como secuela e 20.000 euros polo dano moral.

Imaxe dun acusado durante o xuízo
Imaxe dun acusado durante o xuízo | Fonte: PEDRO DAVILA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta