Piden 13 anos de cárcere para o home que queimou unha vivenda en Paderne co seu fillo dentro

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/01/2025 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

A Audiencia de Ourense acollerá o vindeiro luns o xuízo contra un home acusado de verter disolvente e prender lume a unha vivenda en Paderne, cando se atopaba no seu interior o seu fillo, co que mantivera unha discusión. Os feitos remóntanse á tarde do 9 de agosto de 2018, cando o home acudiu á vivenda do seu fillo, no lugar de Gas, provisto dunha bolsa na que tiña bidóns de disolvente.

Tal e como explica o escrito de acusación fiscal, unha vez no interior da vivenda, o acusado botou o disolvente polo chan da cociña e da sala e iniciou unha discusión co seu fillo, que se atopaba no inmoble. Ambos os dous forcexearon e o fillo tento quitarlle o chisqueiro das mans ao seu pai para evitar que prendese lume, o que inicialmente conseguiu caendo ambos ao chan.

Con todo, o procesado logrou achegar a chama ao líquido, o que provocou unha deflagración e un incendio na vivenda, no que ambos resultaron feridos. O fillo conseguiu abandonar unha vivenda pola xanela e, segundo consta, tamén presentaba lesións do forcexeo.

Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de incendio en concurso cun delito leve de lesións, polo que pide para o acusado 13 anos de prisión e unha multa de 480 euros. Ademais, deberá indemnizar ao seu fillo con 150 euros polas feridas sufridas e con case 2.500 euros polos danos na vivenda.

Xuízo a un home
Xuízo a un home | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta