Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/04/2025 | Actualizada ás 19:36
A Garda Civil investiga varias denuncias por presuntos abusos sexuais presentadas por pais de alumnas do colexio público Manuel Respino, na Rúa. As dilixencias están a ser tramitadas pola Policía Xudicial do Barco. O profesor sinalado solicitou a baixa tras coñecerse as acusacións.
As denuncias serían presentadas hai aproximadamente un mes e fan referencia a presuntos tocamentos a varias alumnas de 5º de Primaria.
O docente, con outras denuncias en anos anteriores, deixou de impartir clases no centro poucos días despois de coñecerse os feitos. Polo momento descoñécense máis detalles do caso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.