Os 370 mapas do "home do tempo" Santiago Pemán, novas pezas históricas do Arquivo de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude cualifica como "moi potente" o proxecto audiovisual que prepara a Xunta sobre Castelao

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2025 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Un total de 370 mapas metereolóxicos, algúns feitos a man, de entre 1954 e 1998 elaborados polo meteorologo galego Santiago Pemán son as últimas pezas históricas documentais en integrarse no Arquivo de Galicia.

Estes mapas foron cedidos ao rexistro histórico da comunidade por parte de Meteogalicia, mediante un acto celebrado este venres no que a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asinaron o protocolo polo que se oficializa este traspaso.

Respecto da cesión destas pezas, López Campos destacou que supón engadir ao Arquivo de Galicia un "legado de valor patrimonial excepcional para o pobo galego". Así, esta doazón "vén endosar" toda a actividade que a Xunta "conserva e preserva" na Cidade da Cultura, onde se atopa o centro de patrimonio documental de Galicia. Da mesma maneira, Vázquez definiu a Santiago Pemán como o "home do tempo por excelencia" e agradeceulle a súa decisión de ceder estes mapas a Meteogalicia hai anos, que co tempo convertéronse en "auténticos tesouros".

METEOGALICIA, O CAMBIO CLIMÁTICO E A LEI DO CLIMA

Do mesmo xeito, Vázquez resaltou que Meteogalicia é a páxina web da Xunta "máis visitada" e destacou que, respecto ao cambio climático, o fin co que a Xunta implanta accións para combatelo é "protexer aos galegos e ás galegas".

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante o acto da firma pola que Meteogalicia cede ao Arquivo de Galicia un total de 370 mapas metereológicos. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante o acto da firma pola que Meteogalicia cede ao Arquivo de Galicia un total de 370 mapas metereológicos. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

As EXPOSICIÓNS NA CIDADE DA CULTURA

Neste acto, López Campos tamén puxo en valor as diferentes exposicións que a súa Consellería esta desenvolvendo e vai desenvolver na Cidade da Cultura. En concreto, López Campos destacou o proxecto 'Orixes', que trata sobre a orixe do universo e pódese visitar actualmente; unha futura exposición sobre o pintor Agustín Úbeda; e un proxecto audiovisual inmersivo "moi potente" sobre Castelao.


,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta