Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/02/2025 | Actualizada ás 14:11
A Garda Civil de Arbo detivo a dous homes de 29 e 31 anos de idade, veciños do municipio de Crecente, como supostos autores do roubo dunha tonelada de cobre, e que foron sorprendidos transportando o material nun vehículo. Segundo informaron a Comandancia de Pontevedra, os feitos ocorreron o pasado venres, cando unha patrulla detectou unha furgoneta sospeitosa, á que lle deron o alto para identificar os seus ocupantes e rexistrar o seu interior.
No vehículo atoparon mil quilos de cable de cobre de procedencia descoñecida, polo que se realizaron distintas xestións, que levaron a confirmar que ese material fora subtraído ese mesmo día na localidade ourensá de Maceda. Por estes feitos, foron detidos o condutor e o seu acompañante, un deles con antecedentes por delitos contra o patrimonio, aos que se lles tomou declaración. Ambos foron postos en liberdade e deberán comparecer ante o xulgado de Ponteareas, onde se remitiron as dilixencias practicadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.