Detido un veciño de Baiona con case 250 gramos de cocaína no seu domilio que xa levantaba sospeitas polos seus luxos

No rexistro domiciliario tamén atoparon 80 pastillas de MDMA, pequenas cantidades de haxix e marihuana e utensilios para o corte e pesada das doses, así como máis de 160 euros en efectivo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/02/2025 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo o pasado 24 de xaneiro a un veciño da localidade pontevedresa de Baiona, con numerosos antecedentes policiais, como presunto autor dun delito contra a saúde pública ao incautar no seu domicilio case 250 gramos de cocaína, 80 pastillas de MDMA, pequenas cantidades de haxix e marihuana, ademais de utensilios para o corte e pesada das doses e máis de 160 euros en efectivo. A Benemérita tamén investiga polo mesmo caso a outras tres persoas, dúas mulleres e un home, tamén este con antecedentes por este tipo de delitos.

As indagacións comezaron a finais do ano pasado, tras ter coñecemento da alarma social producida pola posible venda de sustancias estupefacientes nun inmoble dunha céntrica rúa de Baiona, coa continua trasfega de toxicómanos en busca da súa dose. Por iso, arrestouse a un home que facía de forma habitual ostentación de diñeiro en metálico e cun nivel de vida "non acorde cos seus ingresos". No rexistro da súa vivenda atopáronse case 250 gramos de cocaína, 80 pastillas de MDMA, pequenas cantidades de haxix e marihuana, ademais de utensilios para o corte e pesada das doses e máis de 160 euros en efectivo. As dilixencias, xunto co detido, foron entregados no Xulgado de Instrución número 4 de Vigo, onde o home foi posto en liberdade con cargos.

Detido un veciño de Baiona tras incautar no seu domicilio case 250 gramos de cocaína
Detido un veciño de Baiona tras incautar no seu domicilio case 250 gramos de cocaína | Fonte: GARDA CIVIL DE BAIONA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta