Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/02/2025 | Actualizada ás 18:15
O Concello de Ponteareas denunciou novas subtraccións de cableado de iluminación pública por valor duns 30.000 euros en distintas parroquias da localidade, polo que pediu colaboración cidadá en caso de detectar delincuentes. Nun comunicado, o goberno municipal lamentou que barrios como Areas, Amoso, Prado ou Ribadetea víronse afectados, calculando o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, os danos nuns 30.000 euros, ademais do tempo destinado pola brigada de electricistas á colocación do novo cableado.
González subliñou que estes roubos prexudican gravemente o día a día dos cidadáns e provocan un gasto público innecesario. "Gasto en material e de recursos humanos que no canto de estar a solucionar outras avarías deben repor este dano. Todos debemos velar polo patrimonio que é de todos e os recursos públicos son de todos", reivindicou. Por todo iso, pediu colaboración cidadá para que alerten ás forzas de seguridade se se decatan dun incidente semellante, lembrando que os vehículos municipais de reparacións están rotulados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.