Un meteoro iluminou o ceo de Galicia á primeira hora deste mércores, víchelo?

Aconteceu minutos despois das 08.20 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2025 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Un meteoro iluminou o ceo de Galicia á primeira hora deste mércores e puido ser visto desde varios puntos da provincia da Coruña e Lugo. O avistamento do bólido desde terra foi confirmado polo Observatorio Astronónico Ramón María Aller da USC, que se atopa solicitando informacións sobre o suceso durante a mañá. Varios alertadores chamaron ao 112 desde Sarria e distintos puntos da provincia da Coruña para informar de que un obxecto luminoso cruzara a gran velocidade o ceo minutos despois das 08.20 horas. As chamadas ao 112 relataban que se trataba dun corpo que deixou ao seu paso unha luz de cor verde. Un dos alertadores, desde Betote (Sarria), afirmou que o bólido rematou por dividirse en tres partes.

Un meteorito
Un meteorito | Fonte: Youtube - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta