Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 00.32 horas á altura do punto quilométrico 21,100 da LU-546 (Nadela-Monforte).
O animal foi arrastrado varios metros nos baixos do vehículo, que a continuación se incorpora novamente á vía e abandona o lugar. Como consecuencia do atropelo, o animal sufriu múltiples fracturas e contusións, sendo trasladado a clínica veterinaria para a súa curación e tratamento.
Circulaban co seu vehículo pola estrada LU-633, ao seu paso pola parroquia de Frollais.
O movemento sísmico tivo lugar ás 4.22 horas da madrugada deste venres, e o epicentro sitúase a 21 quilómetros de profundidade, entre as zonas da Canicouva e Cacheiro.
Puido sentirse na área de Betote de Arriba, Sarria e Samos; e foi de menor intensidade que o que se deixou sentir o pasado venres na zona.
A operación antidroga iniciada na Mariña tivo lugar tan só algúns días despois de que o pasado xoves Garda Civil e Policía Nacional desen por desarticulada, nun operativo conxunto, a actividade dunha organización criminal asentada en Lugo e dedicada tamén ao tráfico de sustancias estupefacientes.
As detencións tiveron lugar na xornada do luns tras realizar os axentes desprazados ao municipio tres rexistros domiciliarios noutros tantos inmobles situados no centro da localidade e proceder ao comiso de sustancias estupefacientes e diversos materiais utilizados presuntamente para a venda destas.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, incidiu neste primeiro día de campaña electoral na apelación a "mobilizarse" o próximo 18 de febreiro, convencida de que se isto sucede, ese mesmo día "empezará a primavera en Galicia".
  comenta   0
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado este mércores debido á ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos. Volverá prestar servizo o xoves ás 9.00 horas.
A investigación baralla a hipótese dun suicidio e o executivo local decreta un día de loito oficial polo falecemento.
Está a ser investigado por intento de homicidio con respecto á muller e polas lesións causadas ao hostaleiro, a súa parella e outro cliente.
Este cuarto investigado polos feitos rexistrados a finais de setembro nun establecemento de lecer nocturno declarou este luns como investigado ante o xulgado de instrución de Sarria.
Outro accidente en Sarria remata cun coche envorcado sen que o condutor puidese saír do seu interior.
  comenta   0
Escrito polo autor Suso de Toro, narra a traxectoria vital e política da dirixente nacionalista ata liderar o BNG como "unha esperanza con fundamento" para Galicia.
  comenta   0
Segundo informaron fontes da Garda Civil, na madrugada do pasado sábado, rexistrouse un accidente no termo municipal de Meira. Alí, un turismo sufrira unha saída de vía e chocara posteriormente contra un poste de formigón. O condutor, de 33 anos de idade, foi trasladado a un centro hospitalario e sometido alí a unha proba de alcoholemia, que arroxou resultado positivo, cun índice tres veces superior ao máximo permitido.
Aborda a súa evolución desde os seus inicios políticos en Galiza Nova ata que asumiu as rendas da formación frontista
  comenta   0
En Vilamartín de Valdeorras xa chegan aos 35,3 graos ás 13.10 horas, e son 34,6 os que marcan os termómetros en Ribas de Sil a esa mesma hora. Larouco rexistra unha temperatura de 33,9 graos e Viana do Bolo, na mesma provincia, 33,5. Pola súa banda, Sarria, en Lugo, situaba o mercurio nos 33,4 graos ás 13.00 horas.
  comenta   0