Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2024 | Actualizada ás 20:16
O litoral da Costa da Morte, na Coruña, estará este domingo en alerta amarela por temporal costeiro con ventos do sur, entre Fisterra e Cabo Vilán de forza sete. Meteogalicia activou a alerta desde as 9,00 horas e ata as 21,00 horas do domingo. Durante esa xornada Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións que se move cara ao leste da Península e unha baixa centrada ao oeste de Portugal.
Por iso, os ceos terá nubes de tipo medio e alto, máis compactas durante a mañá na metade oeste e as temperaturas mínimas non sufrirán cambios, pero as máximas terán un lixeiro moderado descenso. En canto a este sábado os termómetros marcaron os 23,4 graos ás 15,40 horas en Vigo e a temperatura mínima alcanzouse no municipio lucense de Sarria (-0,8 graos).
Ademais, nunha xornada con vento de compoñente sur frouxo en xeral, con intervalos moderados cara á noite nas Rías Baixas, a máis forte rexistrouse no municipio lucense de Muras (53km/h)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.