O concello ourensán de Laza rexistra un tremor de terra de magnitude 2,4

Non foi sentido polos veciños.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2024 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O Concello Ourensán de Laza rexistrou na noite do domingo un tremor de terra de magnitude 2,4 a tan só un quilómetro de profundidade.

Así o reflicten os datos recolleitos polo Instituto Xeográfico Nacional, segundo os cales o tremor tivo lugar ás 22.43 horas da pasada noite. A pesar da súa escasa profundidade, non foi sentido polos veciños.

Trátase do segundo tremor do fin de semana en Ourense, xa que o sábado á primeira hora da mañá o concello do Barco de Valdeorras rexistraba un sismo de 1,6 de magnitude, a 15 quilómetros de profundidade. O venres, o municipio lucense de Sarria rexistraba un terremoto de 3,7 graos de intensidade.

Laza no mapa
Laza no mapa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta