A mala calidade do aire mantense en varios puntos de Galicia, aínda que a choiva e a brisa mellorarán a situación

Estacións en Cerceda, Lugo-Vilar e Sarria reportan niveis de contaminación "moi mala" e "pésima".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/09/2024 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A mala calidade do aire mantense en varios puntos da Comunidade Galega debido ao fume procedente dos incendios que arrasan Portugal, mesmo con puntos nos que as estacións rexistraron "moi mala" calidade do aire, como Cerceda, Lugo-Vilar e un con calidade "pésima" en Sarria, estacións que, con todo, están próximas a zonas industriais.

Segundo publicou Meteogalicia, os niveis elevados de partículas (PM) detectados débense ao fume deses incendios no Norte de Portugual, aínda que, o organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente matiza que "a chegada de chuvascos, que xa se están producindo no sur, e a presenza de brisas costeiras farán que a situación mellore co avance do día".

Os datos recollidos das estacións de medición sinalan calidade pésima do aire na estación Sur de Sarria, situada nun complexo cementero, e "moi mala" calidade do aire en Monte Xalo-Cerceda e na zona industrial de Vilar no municipio de Lugo. Mentres, a calidade é mala segundo os datos recolleitos en estacións de medición de Xinzo, Laza, Ourense, Vigo, Sarria, Lugo-Fingoi, Curtis, Arteixo, Cee, Santiago, As Pontes e A Coruña. No resto de estacións, os parámetros sitúan a calidade do aire como regular, boa ou favorable.

En total, algo mais do 43 % das estacións da rede que mide a calidade do aire presentan datos de calidade mala, moi mala ou pésima, mentres que o resto rexistran calidade do aire regular, favorable ou boa.

Ante esta situación, Meteogalicia sinala que a poboación de lugares con aire de mala calidade pode sufrir efectos sobre a saúde, polo que se recomenda evitar as actividades prolongadas e activas no exterior para os grupos de risco e para a poboación en xeral, especialmente se aparce a tose, irritación de garganta ou sensación de falta de aire.

Un peregrino camiña durante a saída do sol no Monte do Gozo, a 19 de setembro de 2024, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un peregrino camiña durante a saída do sol no Monte do Gozo, a 19 de setembro de 2024, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta