Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2024 | Actualizada ás 19:48
Un home perdeu a vida na parroquia de Martín, pertencente ao municipio lucense de Baleira, tras envorcar o tractor que conducía por unha pista forestal.
Segundo informou o 112, foi ao fío das 15,45 horas deste sábado cando un particular deu a voz de alarma e detallou que o tractor fixi tesoira e que había unha persoa atrapada.
Ata o punto desprazouse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Sarria, Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Baleira.
Unha vez no punto, os efectivos confirmaron que a persoa falecera. Ademais, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press detallaron que un familiar que estaba na mesma zona caeu por un terraplén de catro metros e tivo que ser traslado ao HULA.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.