Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2025 | Actualizada ás 11:50
As temperaturas mínimas mantéñense este xoves por baixo do cinco graos negativos en Ourense e Lugo, alcanzado os -7.4º en Calvos de Randín (Ourense) ás 5.00 horas.
Segundo recolle Meteogalicia, as mínimas máis baixas alcanzáronse en Verín, con -6.6º ás 9.00 horas, e en Xinzo, con -6.3º tamén ás 9.00 horas. En Sarria (Lugo) rexistráronse -5º ás 8.30 horas e en Baltar (Ourense), -4.6º ás 4.20 horas. Esta madrugada, as temperaturas máximas roldaron os 10 graos. Así, Poio rexistrou 11.9º ás 1.10 horas e foi a máis alta, pois o resto movéronse por baixo dos 10º. - Cuntis, 10,1º; Oia, 10º; Vigo e Fornelos de Montes, 9,9º.
Esta madrugada, as temperaturas máximas aumentaron lixeiramente. Así, Cedeira rexistrou 12.2º ás 8.50 horas; Poio, 11.8º ás 1.20 horas; e Fornelos de Montes, 11.8º ás 9.50 horas. Para este xoves activouse unha alerta amarela por baixas temperaturas, que permanecerá activa ata as 12.00 horas para as provincias de Lugo e de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.