Anpas Galegas esixe formar parte das comisións do pacto pola lingua que promove a Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2025 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A Confederación Anpas Galegas esixe á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ser incluída nas comisións do pacto pola lingua galega, cuxos traballos botaron a andar a semana pasada.

A través dun comunicado, esta confederación de asociacións de nais e pais reivindica que foi unha das entidades que propuxo A Mesa pola Normalización Lingüística para formar parte da comisión dedicada ao ámbito educativo. Con todo, Anpas Galegas non foi convocada, o que "deixa constancia expresa da falta de compromiso e serieda" da Xunta "ante unha situación de emerxencia lingüística" como a actual.

Cabe lembrar que os representantes da Mesa abandonaron a semana pasada a sesión constitutiva dos grupos de traballo que buscan ese pacto para, entre outros obxectivos, renovar o Plan Xeral de Normalización Lingüística, porque consideran que houbo "imposición" por parte da Xunta en canto ás persoas encargadas desta tarefa.

A vicepresidenta da Federación Anpas Galegas, Isabel Calvete, e o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, presentan a campaña 'Reforcemos ou Ensino Público'.. CIG
A vicepresidenta da Federación Anpas Galegas, Isabel Calvete, e o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, presentan a campaña 'Reforcemos ou Ensino Público'.. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta