Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2025 | Actualizada ás 17:03
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo un chamamento á unidade no sector primario para defender a Política Agraria Común (PAC) como un sistema "fundamental" para o conxunto da sociedade europea. Na clausura do foro 'Banco Santander: Situación dos mercados e PAC 2025', celebrado en Vedra, a conselleira mostrou o compromiso da Xunta non só por manter o financiamento da PAC, senón tamén para mellorala, "nun momento no que soan voces que falan dunha posible reforma da estrutura orzamentaria da UE".
Avoga por mellorar o sistema con medidas como a eliminación do exceso de burocracia nos procesos de solicitude, así como a súa simplificación, e tamén coa introdución de novidades. Tamén subliña as novas medidas incluídas na campaña de 2025 como a posibilidade de solicitar axudas para intervencións de razas autóctonas en risco de erosión xenética, cultivos agrícolas ecolóxicos ou gandaría ecolóxica, e a flexibilización na rotación ou diversificación dos cultivos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.