O BNG insiste sen éxito na paralización do proxecto da mina de Touro: "É un atentado contra os veciños e o seu medio de vida"

Así o manifestou a deputada frontista Iria Carrera, encargada da defensa dunha proposición rexeitada polos votos do grupo maioritario (PP) e que tampouco contou co apoio dos socialistas, decantados pola abstención.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 26/02/2025 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

Unha iniciativa do BNG demandou este mércores no Parlamento de Galicia a paralización do proxecto a mina de Touro-O Pino ao entender que supón un "atentado" contra os veciños da comarca e o seu medio de vida, ademais dun "risco ambiental" para toda a ribeira do Ulla e a súa desembocadura na ría de Arousa. Así o manifestou a deputada frontista Iria Carrera, encargada da defensa dunha proposición rexeitada polos votos do grupo maioritario (PP) e que tampouco contou co apoio dos socialistas, decantados pola abstención.

Mina de Touro
Mina de Touro | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN - Arquivo

Na súa intervención, Carrera subliñou que a tramitación debería ser rexeitada porque o proxecto "é o mesmo" que o tombado en 2021 por contar cunha declaración de impacto ambiental desfavorable, e acusou ao PP de pretender "converter Galicia nunha barra libre de recursos" cun modelo que favorece que "a riqueza sexa para uns poucos" mentres deixa "total miseria para os demais".

Por parte do PP tomou a palabra o parlamentario Gonzalo Trenor, que afeou ao BNG que pretenda "presionar" aos funcionarios da Administración autonómica para que "digan o que queren escoitar". "Que fácil sería esperar o resultado da nova DIA e despois falar. Pero a vostedes dálles igual porque son os do non", remarcou antes de aseverar que serán os técnicos quen "dirán se este proxecto é viable ou non". "E se non o é, non sairá adiante", engadiu.

Durante o debate, Patricia Iglesias (PSdeG) subliñou que os socialistas non podían apoiar unha iniciativa na que se solicitaba unha denegación "de plano" da solicitude porque viola a lexislación, á vez que defendeu que "a proba" de que o sistema administrativo de control "funciona" é a denegación da declaración de impacto ambiental do ano 2021 do proxecto da mina de Touro-O Pino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta