24.000 firmas piden por fin á "manipulación" da CRTVG cunha iniciativa popular na Cámara

Piden "democratizar" os medios públicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2025 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

Representantes da Plataforma por unha CRTVG ao servizo do pobo entregaron no Parlamento de Galicia un total de 23.854 firmas que sustentan unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para "liberar" os medios públicos autonómicos do "secuestro" que atribúen ao Goberno autonómico que dirixe Alfonso Rueda e que os sitúa, denuncian, co "consentimento" da súa dirección, "ao servizo do PP".

En declaracións aos medios, Tereixa Navaza, que actuou como portavoz, explicou que a meta desta iniciativa é impulsar uns medios autonómicos que presten "un servizo público verdadeiramente democrático, plural e ao servizo do pobo. Os representantes da plataforma foron recibidos por deputadas de BNG e PSdeG.

As case 40 organizacións impulsoras denuncian que a actual dirección dos medios públicos, que encabeza Alfonso Sánchez Izquierdo "actúa ao servizo dos intereses do PP, antepondo os obxectivos políticos de fórzaa gobernante aos valores éticos e democráticos que deben guiar un medio público". Esta situación compromete, en palabras de Navaza, "a independencia, a veracidade e o pluralismo informativo, perpetuando a manipulación, a cancelación de contidos e profesionais, e a desconexión coa realidade social, cultural e económica de Galicia".

En fronte, proclamou que a proposta lexislativa busca "democratizar a CRTVG para que cumpra as súas misións como servizo público esencial".

GARANTIR "A CALIDADE DEMOCRÁTICA"

Entre elas está, lembrou, "difundir a cultura e a lingua galega, garantir a independencia e veracidade da información, promover o pluralismo, a cohesión social e territorial, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas e a calidade democrática".

En nome das organizacións promotoras, a portavoz agradeceu o compromiso das case 24.000 persoas asinantes e celebrou a toma de conciencia cidadá que fixo posible esta ILP. Agora, cando se cumprimente o trámite, tocará defender a proposta no Parlamento de Galicia, onde, remarcou, "decidirase o modelo de medios públicos que o país necesita".

Representantes da plataforma en defensa dos medios públicos na entrada da Cámara autonómica.. PLATAFORMA POR UNHA CRTVG AO SERVIZO DO POBO
Representantes da plataforma en defensa dos medios públicos na entrada da Cámara autonómica.. PLATAFORMA POR UNHA CRTVG AO SERVIZO DO POBO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta