Coñecín a don Victorino Gutiérrez Aler, exnotario de Lalín, hai ben anos. Quizais foi a finais dos anos oitenta cando contactei con el mantendo unha longa amizade baseada no compromiso e lealdade co país.
  comenta   0
O que comezou como unha sinxela campaña de cartaces nos comercios do barrio evoluíu nun movemento social e cultural que se estende a máis de 200 centros de ensino en Galicia
Presas cualificou a modificación adoptada no Consello da Xunta do pasado luns para que o IGE pase a integrarse en Presidencia de "dous por un: privatizar e controlar politicamente".
  comenta   0
En Galicia, as empresas que utilizan a lingua galega, engaden un valor emocional e simbólico á súa mensaxe. As que utilizan o castelán non engaden nada.
  comenta   0
Os interesados en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o 28 de marzo e só poderán incluír unha única candidatura acompañada dun documento, de máximo 10 páxinas, que deberá explicar o proxecto de creación literaria que desenvolverán, xénero, idioma da obra, currículo, expediente artístico e carta de motivación, entre outros.
  comenta   0
Os dous músicos participaron esta pasada semana no concerto de exalumnos da Facultade de Filoloxía e achegáronse ademais para reflexionar sobre a situación do galego na música e a evolución da lingua na sociedade
A Avelino Cachafeiro Bugallo, “o gaiteiro der Soutelo”, coñecíno en Vigo en 1969, ano da publicación do seu poemario “Voando coas aas da vida”. Presentaramo Antón Patiño dono da librería Librouro. O primeiro que me chamou a atención foi a súa fasquía física: alto, cuns bigotes brancos moi coidados e a pucha nova. Tal como meu avó. Poderían pasar por seren irmáns.
  comenta   0
O Entroido é unha festa con raíces profundas e que ademais conta cunha grande variedade de denominacións segundo o territorio
Foi unha profesora de galego, María Xesús, quen lle abriu os ollos. "As lecturas obrigatorias daquela materia achegábanse moito aos intereses da adolescencia, eran actuais e variadas", recorda.
O PPdeG apoiou unha moción do PSdeG que contou coa abstención do BNG. O conselleiro de Cultura insiste en que a Xunta "está tentar lograr que todos os mozos nos centros educativos consigan manter o hábito de falar e de expresarse en galego".
  comenta   1
Rueda insiste en que "por imposicións" non se pode resolver a situación do galego, mentres que nacionalistas e socialistas piden á Xunta diálogo e medidas ante a "emerxencia" na que se atopa o noso idioma.
  comenta   1
A mobilización, convocada por Queremos Galego, reclama medidas urxentes ante a "emerxencia lingüística extrema"
Un amigo agasállame cunha fotocopia dunha carta asinada por min en papel oficial da Asociación Cultural de Vigo da que eu era secretario executivo naquela altura (novembro de 1970). Estaba dirixida ás tres asociacións culturais galeguistas convocándoas a unha xuntanza para propoñerlles a creación dun premio literario cunha dotación económica importante para o tempo. Asi empezou a miña actividade de fomento da literatura, cando non había outros medios para galeguizar.
  comenta   0
Os principais axentes do sector educativo esixen a derrogación do Decreto 79/2010 e apoian a manifestación do 23 de febreiro en Santiago
O presidente galego reivindica "todo o traballo" que fixo por Galicia e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, di que "era un verdadeiro demócrata" comparado cos actuais dirixentes da Xunta e do PP.
  comenta   0
O sociolingüista galego reflexiona sobre a situación actual do idioma e os efectos das políticas lingüísticas e do sistema educativo. Critica o decreto do plurilingüísmo e aposta por un novo plan de normalización lingüística que ten que ter "un arropamento político nas autoridades deste país, non só no goberno galego, tamén nos concellos, nas deputacións".
Os apelidos "castelanizados" poderán restituírse á súa "forma xenuína" mediante unha solicitude no rexistro civil, segundo apuntou a Real Academia Galega tras publicar a súa nova Guía de Apelidos Galegos.
  comenta   2
Expertos analizan o impacto dos prexuízos e a falta de recursos nunha mesa redonda na que coincidiron en que a transmisión xeracional e o ámbito educativo son claves para a supervivencia da lingua.
David crea contido sobre recomendacións literarias na súa conta de Tik Tok e faino en galego, consciente de que "o feito de que calquera persoa, pero especialmente os rapaces, poida ver o contido que lle gusta en galego con total normalidade é moi importante".
  comenta   0
Marta Dacosta, Escritora e Vogal do Consello Directivo da AELG
  comenta   0
O Concello de Mos ainda non incorporou ao seu acervo histórico dous personaxes senlleiros da cultura galega: o arquitecto Manuel Gómez Román, que foi o autor do proxecto da Casa do Concello, a quen Otero Pedrayo calificou como o soñador das mil compostelas; os seus deseños arquitectónicos inspirados no estilo barroco galego coa súa peculiaridade creativa, inzaron con fermosas construcións as nosas paisaxes que aínda hoxe son merecentes de protección e conservación; e Ramón Cabanillas, o poeta cambadés, que foi secretario xeral da Corporación Municipal.
  comenta   0
Membro do grupo Brais Pinto, tamén cultivou a literatura infantil, o teatro e a novela.
  comenta   0