Manuel Fraga, cando un ex ministro de Franco suscita rara alianzas entre os rivais políticos

O presidente galego reivindica "todo o traballo" que fixo por Galicia e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, di que "era un verdadeiro demócrata" comparado cos actuais dirixentes da Xunta e do PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2025 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A figura do ex presidente da Xunta e ex ministro franquista, Manuel Fraga, foi quen de unir a populares e socialistas para resaltar o seu legado político, aínda que, con perspectivas moi diferentes. Para o PPdeG, é un símbolo de Galicia, para o PSdeG, un "verdadeiro demócrata" que nada ten que ver co actual PP.

Presidente fundador do Partido Popular, Manuel Fraga. EUROPA PRESS - Arquivo
Presidente fundador do Partido Popular, Manuel Fraga. EUROPA PRESS - Arquivo

Os dirixentes dos dous partidos, Alfonso Rueda e José Ramón Besteiro, aludiron este luns á polémica que hai no Concello de Cariño, tras a decision do seu pleno de quitarlle o nome que lle daba a unha rúa do concello. Unha decisión apoiada por PSdeG e BNG e da que o PP local se abstivo.

Esta abstención estalle custando cara ao grupo popular local que tivo que retractarse a través da súa alcaldesa, Ana María Lopez. O líder do seu partido deulle un tirón de orellas. "Non me gustou a decisión do consello de Cariño", dixo, "e lamento o que fixeron os meus compañeiros" porque esa votación "non é xusta con Fraga, nin coa súa traxectoria".

O presidente galego criticou duramente a socialistas e nacionalistas por tentar  "destruír" a figura de Fraga que, "a pesar dos seus erros, deixou un gran legado en Galicia". "Eu reivindico todo o que Fraga fixo", apuntou.

"VERDADEIRO DEMÓCRATA"

Curiosamente, tamén o secretario xeral do PSdeG-PSOE coincidiu e destacar a traxectoria de Fraga, aínda que por outros motivos. Así, Besteiro sinalou que "era un verdadeiro demócrata" comparado cos actuais dirixentes da Xunta e do PP. "Á marxe da autonomía municipal, é verdade que a figura de Fraga está a adquirir gran dimensión ultimamente, porque comparado con quen está agora á fronte da Xunta e do PP, era un verdadeiro demócrata", sinalou o líder dos socialistas galegos.

Besteiro referiuse ao posicionamento de Fraga en materias como o pacto pola lingua galega ou a defensa de Galicia, mentres que "este novo PP, enlazado coa ultradereita, deixa moito que desexar comparado con aquela política de Fraga". O secretario xeral do PSdeG afirmou que, aínda estando nas "antípodas" políticas de Manuel Fraga, na súa opinión era "un referente do que tería que ser o PP, e non o é". Así, expresou todo o seu "respecto" pola súa figura, e reiterou tamén o seu respecto pola decisión adoptada no Concello de Cariño, no marco da súa autonomía municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta