A nova lei da CRTVG entrará en vigor en abril e en tres meses como máximo activarase a renovación da súa dirección.
  comenta   0
Profesionais dos medios públicos concentráronse diante do Parlamento protestando contra o que supón "o velorio" dos medios públicos galegos. "Non nos renderemos", sinalan
  comenta   0
O Comité Intercentros convoca folga o 11 de marzo, día de aprobación no Parlamento, contra unha norma que "destruirá os servizos públicos".
  comenta   0
O fallo do xulgado obriga a emitir no Telexornal Mediodía unha rectificación por incluír neste espazo informativo unha peza na que afirmaba que o Bloque non enviara representación a un acto da Xunta e a Fundación Castelao ao que si acudiran varios representantes da formación frontista
  comenta   0
O ente público confirma que presentará un recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña ao entender que a sentenza do xulgado de primeira instancia número 5 de Santiago de Compostela "excede os límites do dereito de rectificación"
  comenta   0
Un informe elaborado pola UDEF recolle as empresas, moi variadas, que fixeron aportacións monetarias a El Correo Gallego cando estaba case en quebra técnica. Algunhas foron por concesión directa de préstamos e outras por acordos publicitarios ou patrocinios. Nesta primeira parte analizamos varios préstamos e ingresos, estes rapidamente eran derivados a outras moitas para eludir o pago de débedas.
  comenta   1
Para a deputada Alexandra Fernández, a TVG "está a afastar cada vez máis aos galegos da televisión pública" e provocando "unha desconexión coa sociedade".
  comenta   0
O vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, defende a nova normativa para "adaptarse aos novos tempos" e ofrece "man tendida". Anuncia cambios na elección do director xeral da CRTVG que se fará por maioría absoluta e tamén a incorporación de programas que non sexan só en galego.
  comenta   1
Marta Dacosta, Escritora e Vogal do Consello Directivo da AELG
  comenta   0
A socialista Silvia Longueira asegurou que o que pretende é "consolidar" un modelo de "control político absoluto" dos medios públicos para "garantir" que a CRTVG sexa un "instrumento de propaganda".
  comenta   0
Emitiu unha peza na que apuntaba que o BNG non asistiu ao acto da Fundación Castelao en Compostela e recolleu as críticas da Xunta ao BNG por organizar un acto "paralelo".
  comenta   0
No vindeiro 2025 cumpriranse 40 anos da creación da Radio e da TV galegas. Naquel lonxano 1985, estes medios de comunicación públicos nacían cun obxectivo básico: contribuír á normalización da lingua e da cultura dun País que viña de atravesar a longa noite da ditadura franquista.
  comenta   0
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, subliñou que a CRTVG fará "todo o legalmente sexa perceptivo" para garantir os dereitos do persoal
  comenta   0
Os promotores destacan a resposta da cidadanía galega á demanda de lograr uns medois públicos que "respecten de forma escrupulosa a obxectividade, imparcialidade, neutralidade, veracidade e o pluralismo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais"
  comenta   0
O Goberno galego, na súa reunión deste luns, aprobou tamén a convocatoria dunha oferta pública de emprego no ente con 28 novas prazas
  comenta   0
O BNG celebra que unha delegación do comité en folga da CRTVG reunísese con dous vicepresidentes da Eurocámara.
  comenta   1
Artigo de Xosé Antón Rodríguez, catedrático de Economía na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (USC) sobre a situación do galego.
  comenta   0
O xulgado ordena a restitución das condicións deste traballador. Cabe interpor contra o auto recurso de reposición nun prazo de tres días
  comenta   0
Os traballadores en folga levaron a cabo este mércores outra performance, unha acción simbólica desenvolvida na praia coruñesa de Riazor, onde escribiron SOS, de forma parecida á que hai uns días debuxaron cos seus corpos na sede central da Corporación
  comenta   0
Paula Prado critica as orixes do nacionalista Iago Tabarés: "De ilustre apelido ourensán que antes falaba castelán e agora fala galego".
  comenta   0
O Comité Intercentros sinala que ocultar a folga "non obedece en ningún caso a criterios informativos ou profesionais e si a intereses espúreos e privados"
  comenta   0
Sindicatos insisten en que a privatización "afecta negativamente o emprego" e a externalización de espazos informativos aos dereitos fundamentais.
  comenta   0
Solidariedade Galega con Palestina pide entrevistas con Rueda e Sánchez Izquierdo polo seu "silencio" e "inacción".
  comenta   0
Durante a última concentración, os traballadores emularon a emisión dun boletín informativo no que dúas locutoras reproduciron "literalmente" noticias emitidas nos últimos meses en Radio Galega "co seu habitual e delirante rumbo manipulador".
  comenta   0
O PSdeG di que "dilapida" a pluralidade e a Xunta contraataca coa reforma de RTVE. Diego Calvo afea a "incoherencia parlamentaria" dos socialistas que "rexeitan unha lei xenerosa con fórmulas democráticas".
  comenta   0
O seguimento da folga, segundo a propia Corporación, foi do 17,2 %, o que provoca novos problemas na emisión de 'O Termómetro'. O Comité Intercentros avanza que o paro será "unha carreira de resistencia".
  comenta   0
Destaca que é "un exceso de retórica dicir que a folga é histórica". Traballadores da Corporación maniféstanse ante o Parlamento coincidindo coa comparecencia do director xeral.
  comenta   0
O comité lamentou que a CRTVG non teña vontade "de negociar", "unha actitude persistente durante os últimos tempos que non colle por sorpresa á representación sindical"
  comenta   1
Todos os grupos confirmaron que acudirán á chamada do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventura, José López Campos, co que se reunirán o vindeiro 24 de outubro. Rueda sostén que o "bilingüismo cordial" é "un tesouro" e para o seu Goberno a "libre elección" mantense como unha máxima.
  comenta   0
O paro continuará realizándose como en xornadas anteriores: luns, mércores e venres entre as 11.30 e as 13.00 horas, durante a emisión de 'O Termómetro', programa que, aseguran, exemplifica a "externalización" e a "dilapidación de recursos públicos" que leva a cabo a CRTVG.
  comenta   0