Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2024 | Actualizada ás 20:45
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou a "intensa axenda" en Estrasburgo dunha delegación do comité en folga da CRTVG, que se reuniu con dous vicepresidentes do Parlamento Europeo e con dous das deputadas responsables da lei europea de medios.
Segundo Miranda, o comité trasladou aos responsables comunitarios "o ataque á liberdade de prensa e a manipulación que existe nos medios galegos", así como as cuestións relativas aos dereitos dos traballadores que levan máis dun mes en folga.
"Como eurodeputada do BNG mostrei todo o apoio e tiveron unha intensa axenda con dous vicepresidentes do Parlamento e coas responsables da lei europea de medios", reivindicou Miranda, segundo recolle o Bloque nun comunicado.
Precisamente, Ana Miranda dixo que esta lei pode ser un dos "francos de batalla que o comité de folga pode desenvolver en Europa", indicando que nas súas reunións, a delegación "analizou os incumprimentos da lei europea sobre a liberdade dos medios de comunicación no anteproxecto de lei dos servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.