O Comité Intercentros da CRTVG convoca para o 30 de novembro a manifestación polos medios públicos galegos

O mesmo Comité emitiu un comunicado onde sinalan tamén que levarán a cabo novos paros que arrincarán esa mesmo fin de semana

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2024 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros da CRTVG informou de que a manifestación en defensa dos medios públicos que, inicialmente convocaran para o domingo 1 de decembro, terá lugar finalmente o sábado 30 de novembro.

Así o comunicaron este luns, 19ª xornada de paro na CRTVG, sinalando que o cambio responde a "facilitar a asistencia" á concentración, prevista para as 12.00 horas en Santiago, con saída na Praza Vermella e final en Pratarías.

No comunicado sinalan tamén que levarán a cabo novos paros que arrincarán ese mesmo fin de semana. O primeiro será o sábado 30 de novembro, de 8.00 a 15.30 horas, coincidindo coa manifestación. O segundo terá lugar o domingo, 1 de decembro, en horario de tarde, desde as 16.30 horas ata medianoite.

Durante o mes de decembro, os paros manteranse en días alternos: luns, mércores e venres, arrincando 15 minutos antes (desde as 11.15 ata as 13.45 horas); ata o venres 13 de decembro.

Será este día cando, destacan, "aumentará a presión" coa convocatoria dunha folga de 24 horas, que afectará a todas as quendas.

"A partir desa data, na que finaliza a emisión dos 65 programas contratados por 1.040.000 euros, a folga quedará en suspenso ata que a dirección da CRTVG decida que fai coa produción externa", indican.

Con todo, confían na "posibilidade" de establecer un diálogo que permita "atopar unha solución e arrincar o 2025 coa desconvocatoria do conflito".

19ª Xornada De Paro Convocado Polo Comité Intercentros Da CRTVG. COMITÉ INTERCENTROS CRTVG
19ª Xornada De Paro Convocado Polo Comité Intercentros Da CRTVG. COMITÉ INTERCENTROS CRTVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta