De tres a seis meses de prisión por tentar axudar a unha moza de 15 anos a aprender a conducir

A nai e o irmán foron sancionados por realizar prácticas non regladas nun polígono do Porriño

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2024 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao volante dun turismo, co que realizaba prácticas de condución acompañada pola súa nai e o seu irmán no municipio pontevedrés do Porriño.

Segundo informou este xoves a Garda Civil, unha patrulla de atestados que realizaba tarefas de vixilancia nun polígono industrial avistou un vehículo que levaba unha traxectoria herrática e no que un dos ocupantes non levaba cinto de seguridade.

Os axentes comprobaron que ao volante do coche estaba unha moza de 15 anos "vestida con bata e zapatillas de casa", segundo relata a Benemérita na súa nota de prensa, na que informa que o irmán era o encargado de impartir as leccións de condución á menor.

Desta forma, a menor foi proposta para sanción por un delito contra a seguridade viaria, dilixencias que foron remitidas á Fiscalía de Menores. Pola súa banda, o irmán e a nai enfróntanse ao mesmo delito ao considerarse cooperadores necesarios e responsables da menor, polo que se expoñen a de tres a seis meses de prisión.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta