Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/12/2024 | Actualizada ás 16:22
Un accidente de tráfico rexistrado este xoves no municipio ourensán da Mezquita saldouse cunha decena de feridos leves, tres dos cales tiveron que ser trasladados. O 112-Galicia rexistrou o accidente preto das 11.00 horas deste xoves, a través do sistema de emerxencia eCall instalado nun dos dous vehículos implicados.
Ao momento, desde o CIAE 112 Galicia informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES da Gudiña, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mezquita.
Os medios que se desprazaron ata a zona, no quilómetro 115 da A-52, indicaron que houbera un total de 10 feridos, aínda que todos de carácter leve. Con todo, tres dos implicados tiveron que ser trasladados polo persoal sanitario despois de prestarlles asistencia no punto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.