Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/12/2024 | Actualizada ás 20:22
A Garda Civil investiga a posible relación co narctoráfico dunha lancha semirríxida con tres motores e un tractor localizados no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa. A embarcación estaba atada ao peirao de Rego do Alcalde, na parroquia de San Miguel de Deiro, e unha parte estaba cuberta cunha lona. Ademais, a baixamar deixou ao descuberto un tractor que estaba atrapado na area.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, detallou este xoves nun acto na Illa de Arousa, que a operación está aberta e investíganse uns feitos que "parecen vinculados directamente con operacións de narcotráfico". Así mesmo, sinalou que, polo momento, non hai ningunha persoa detida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.