O PSdeG percorrerá centros de saúde para denunciar a súa "preocupante" situación

O que, para os socialistas, contrasta co "mundo de ilusión" e "de ficción" da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2024 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Gómez Besteiro, acompañado de diferentes cargos do seu partido, iniciou en Castro de Rei, un percorrido que farán os socialistas por centros de saúde este verán para denunciar a súa "preocupante" situación, o que contrasta co "mundo de ilusión" e "de ficción" da Xunta. En declaracións este sábado, Besteiro criticou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reflicta "un mundo de ficción" que "ten pouco que ver coa verdadeira realidade que se está vivindo en Galicia". Ante un consultorio pechado en Castro de Rei, Besteiro censura que "está pechado porque a partir deste verán a Xunta decidiu que se pechaba este centro de saúde".

Lamenta que "non é unha situación diferente do que está a acontecer en moitas partes da xeografía de Galicia". Pon o exemplo do peche do centro de saúde de Doiras, en Cervantes, e que en Ribeira de Piquín "levan moitísimo tempo sen cubrir a praza dun médico".

Tamén se refire a casos como Ponteareas, onde "se anulou o seu servizo de asistencia sanitaria pública polas tardes", mentres en Rianxo ou Ribeira "non se cobre o cadro médico". "É unha situación que se estende por toda Galicia", afirma.

"E se falamos de pediatría, a situación non está moito mellor", pois teñen que facer "un longo percorrido para ser atendidos por un pediatra" en lugares como Cerdedo ou A Lama. Por todo iso, "a situación de atención primaria é realmente preocupante".

Critica que esta problemática "non lle preocupa" a Rueda. "Imos ir acudindo aos lugares, aos centros de saúde, para saber cantos médicos faltan, canto persoal sanitario falta, como se están cubrindo as baixas, se se prevén ou non cubrir as baixas por xubilación", avisa. Así mesmo, remarca que este problema é "responsabilidade única e exclusivamente da Xunta", polo que "non pode vir ninguén a botar balóns fóra".

Protesta do PSdeG ante o centro de saúde de Castro de Rei. PSDEG
Protesta do PSdeG ante o centro de saúde de Castro de Rei. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Alégrame saber que, por fin, os socialistas van facer algo útil pola Sanidade Pública... Cando rematen cos Centros de Saúde poden visitar os Supermercados e ver como andan os prezos de froitas e verduras e, senon é moito pedir, unha tableta de chocolate... E logo presentan unha moción no Parlamento de Galicia a ver se chegamos a resolver algo antes de que remate a lexislatura...