Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2024 | Actualizada ás 16:56
Os exdiputados no Parlamento Flora Miranda e Antón Sánchez, o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o escritor Alberto Lema constitúen, xunto a Martiño Noriega, a comisión permanente de Anova.
Así o elixiron este sábado, en Santiago, durante a primeira reunión da nova coordinadora nacional, onde tamén definiron as liñas de traballo dos próximos meses. Neste sentido, o fóra alcalde de Santiago foi reelixido como portavoz nacional da formación. A comisión permanente, que ten "moita presenza do municipalismo", complétana Antía Comesaña, Xiana López, Iván Rodríguez, Iria Otero e Paula López.
No marco da reunión, Anova fixo un chamamento á cidadanía para participar, este domingo en Santiago, na manifestación contra o proxecto que Altri quere instalar en Palas de Rei. "Non hai república, democracia nin soberanía sen combater a maior ameaza que enfronta a humanidade: a crise climática", asegurou o portavoz nacional de Anova, Martiño Noriega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.