Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2024 | Actualizada ás 15:31
A CIG-Ensino levará este mércores ante a xunta de persoal docente os "problemas en nada menos" que 62 centros públicos da provincia da Coruña, cifra que cualifica de "inédita ata agora". En "moitos deles", segundo indica, hai mobilizacións desde hai semanas, e mesmo "se están vendo casos en que son as propias familias as que están a decidir non enviar ao alumnado ás clases debido ás faltas de profesorado que padecen". Entre eles, a CIG cita ao CEIP Vila de Cee e ao CEIP do Pindo de Carnota.
"O comezo de curso 2024-2025 está a ser moi complicado en moitos centros da provincia da Coruña, como xa evidenciou a CIG-Ensino mesmo desde antes do comezo da actividade lectiva", sinala nun comunicado de prensa a central nacionalista. Na nota, apunta a "recortes" do profesorado "que prexudican principalmente á atención á diversidade" e "evidencian", a xuízo do sindicato, "un abandono do ensino público por parte da consellaría". "Lonxe de solucionarse coa firma de acordos de mínimos, está a ser cada vez maior", asegura a CIG, en referencia ao documento rubricado coa Xunta por CC.OO., UGT e Anpe.
MÁIS DA METADE DOS CONCELLOS
Máis da metade dos concellos da provincia coruñesa, segundo a central nacionalista, teñen "necesidades" que Educación "non está a atender". A situación, advirte, é "particularmente alarmante cando se fala da carencia de docentes de audición e linguaxe e de pedagoxía terapéutica".
A LISTAXE
A listaxe de centros sobre os cales interrogará a CIG-Ensino á dirección territorial está conformado por CPI Castro Baxoi (Miño), CEIP Vila de Cee (Cee), CEIP do Pindo (Carnota), CEIP Vales Villamarín (Betanzos), CEIP San Marcos (Abegondo), CEIP Xosé Cornide (A Coruña), CEIP A Rabadeira (Oleiros), CEIP Juana de Vega (Oleiros), CEIP Sacra Familia (A Coruña), CEIP Sada e contornos (Sada) e CEIP Mesón do Vento (Mesón do Vento).
Tamén integran a lista EEI de Carantoña (Vimianzo), CPI do Cruce (Cerceda), IES Agra de Leborís (A Laracha), CEIP O Pindo (O Pindo), CEIP Plurilingüe de Carnota (Carnota), CEIP Mar de Fóra (Fisterra), CEIP Areouta (Fisterra), CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), CEIP Pluriliingüe de Santa Eulalia de Dumbría (Dumbría), CEIP dos Muíños (Muxía), CEIP Virxe da Barca (Muxía), CEIP de Camelle (Camelle).
Entre estes centros figuran tamén o IES Moncho Valcarce (As Pontes), CEIP Manuel Fraga (Cariño), CEIP Os Casais (Fene), CEIP San Xoán de Filgueira (Ferrol), CEIP Ledicia (Ferrol), CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos), CEIP Andrade (Pontedeume), CPI de Atios (Valdoviño), CPI Xunqueira (Fene), IES Ferrol Vello (Ferrol), IES Canido (Ferrol), IES Saturnino Montojo (Ferrol), IES Fernando Esquío (Neda) e IES Breamo (Pontedeume).
Completan o lista CEIP de Barouta (Ames), CEP de Ventín (Ames), CPI dos Dices (Rois), CRA de Rianxo (Rianxo), CPI Pecalama (Tordoia), CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume), CEIP de Pazos (Ferrol), CPI de Dodro (Dodro), CEIP Agro do Muíño (Ames), CPI San Vicente (A Baña), CEIP O Coto (Negreira), CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo), CEP Brea Segade (Rianxo), EEI de Visantoña (Mesía), CEIP do Camiño Inglés (Oroso), CEIP de Sigüeiro (Oroso), CEIP A Igrexa (Calo), CEIP Ana María Diéguez (Rianxo), CEIP de Artes (Ribeira), CEIP Monte dos Postes (Santiago de Compostela), CEIP Arcediago (Santiso), CPI San Vicenzo (A Baña), CEIP Quiroga Palacios (Santiago de Compostela), CEIP Santa Eulalia (Dumbría) e IES Agra de Raíces (Cee).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.