A CIG-Ensino levará este mércores ante a xunta de persoal docente os "problemas en nada menos" que 62 centros públicos da provincia da Coruña, cifra que cualifica de "inédita ata agora".
  comenta   0
O alcalde de Muxía asegura que se irán á oposición para volver presentarse ás próximas municipais "máis fortes e coa dignidade intacta".
  comenta   2
PP, Independentes por Muxía e BNG suman forzas para investir a Francisco Javier Sar como novo rexedor municipal o 7 de outubro.
  comenta   0
Segundo informou o Consorcio Provincial de Bombeiros da Coruña, o sinistro produciuse ás 18.15 horas deste martes na estrada AC-440 á altura da parroquia de Moraime.
  comenta   0
O gran operativo confirmou que era "case imposible" o rescate por terra, polo que se solicitou a actuación do helicóptero Pesca 1, que acudiu á zona e trasladou ao menor a un centro hospitalario
  comenta   0
A Patrulla do Seprona da Garda Civil de Corcubión investiga a dous homes e a unha muller, veciños de Muxía e de Cee, como presuntos autores dun delito de furtivismo de pesca e outro de pertenza a grupo criminal.
  comenta   0
O acusado alegou que actuara en defensa propia porque o home ao que golpeou ameazáralle previamente cun botello roto, pero iso é algo que a Audiencia Provincial da Coruña non considera probado.
  comenta   0
O Bloque descarta dar a Alcaldía ao PP pero, sobre se lla daría aos independentes, pronunciarase cando haxa "algunha proposta".
  comenta   3
No transcurso dunha discusión, o home agrediu a unha das vítimas cun pau de madeira na cabeza, o que provocou que caese ao chan. Unha vez alí, continuou dándolle golpes no abdome.
  comenta   0
Acompañado polo conselleiro do Mar, Daniel Castro, dixo que o Prestige foi o "mellor paro biolóxico da historia". Da xestión que o PP fixo entón ten dito que "nin foi boa nin mala" e que "á xente pagóuselle cada 15 días, e iso fíxose ben". Lembramos as polémicas declaracións que ten feito nos últimos meses.
  comenta   1
Celebrouse a presentación do libro 'Ata o mar. A prolongación do Camiño a Fisterra e Muxía', presentado por Nieves Pena Sueiro, directora do Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña.
  comenta   0
Sanxenxo é o porto máis caro de Galicia: durante a tempada alta, un amarre para un barco de 8 metros de eslora custa 23,84 euros por día, e para un de 25 metros, chega aos 208,74 euros por día. En Viveiro, unha embarcación de 5 metros de eslora pode amarrar por 7 euros ao día, e unha de 20 metros pode facelo por 60.
  comenta   0
López formaba parte do grupo municipal desde o ano 2019 e o partido destacou que "desenvolveu sempre un labor moi próximo a todos os veciños do concello".
  comenta   0
O suceso tivo lugar na AC-441, ao paso pola parroquia coruñesa de Antes, na estrada de Muxía a Santiago. Segundo informou o 112, a colisión foi ás 15.30 horas e recibiu o aviso por medio de varios particulares que chamaron para solicitar axuda.
  comenta   0
O lugar por excelencia para ver o espectáculo na nosa terra é a Costa da Morte, pero tamén hai máis lugares: a praia de Carnota, a praia de Muxía, a dos Riás en Malpica, a de Balarés en Ponteceso, a da Ermida en Corme, a de Rebordelo en Cabana de Bergantiños ou a do Ézaro en Dumbría, todas elas na provincia da Coruña; así como nas Illas Cíes e nas Ons, na provincia de Pontevedra.
  comenta   1
Foi retirada por un guindastre desprazado ao areal muxián na mañá deste venres
  comenta   0
En xaneiro aconteceu nun restaurante de Muros. Esta pasada noite de martes 14 de marzo volveu pasar, desta volta nun de Muxía.
A Xunta preve conter a couza guatemalteca da pataca en dous anos.
  comenta   0
A Xunta levantou a prohibición, que estaba activa para evitar a expansión da polilla guatemalteca que afecta ao tubérculo.
Investigadores presentan os resultados detallados das análises que se fixeron da rede de augas da localidade muxián, onde se rexistraron até 115 casos de gastroenterite en outono pasado. A orixe da contaminación non puido ser resolta. Científicos do CRETUS preguntan se estariamos dispostos a usar auga reciclada.
  comenta   0
Dende a época medieval, o congro de Muxía namorou aos comerciantes da Coroa de Aragón, que viñan aGalicia vender cáñamo. Esta ruta comercial, aínda que desapareceu co paso do tempo, deixou as súas pegadas, e a día de hoxe o congro seco é considerado un manxar en Aragón. Porén, o futuro deste protudo depende dos dous únicos secadoiros existentes en Europa, ambos na vila da Costa da Morte.
É a segunda completa que poderá completar despois da súa inauguración no verán de 2020.
  comenta   0
Procedeu ao baleirado de depósitos para a súa limpeza e desinfección e xestiona o abastecemento de auga embotellada. Sanidade segue a "investigación epidemiolóxica" por sospeita dun "brote de enfermidade de orixe alimentaria".
  comenta   0
Aínda que os primeiros parámetros analizados son "normais" esperan a resultados concluíntes para determinar se están relacionados coa auga ou un virus.
  comenta   0