Onde podes ver o Mar de Ardora, esas augas azuis bioluminiscentes, nestes días?

O lugar por excelencia para ver o espectáculo na nosa terra é a Costa da Morte, pero tamén hai máis lugares: a praia de Carnota, a praia de Muxía, a dos Riás en Malpica, a de Balarés en Ponteceso, a da Ermida en Corme, a de Rebordelo en Cabana de Bergantiños ou a do Ézaro en Dumbría, todas elas na provincia da Coruña; así como nas Illas Cíes e nas Ons, na provincia de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 26/08/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Praias que se iluminan ao anoitecer e deixan a auga dunha cor azul intensa fluorescente que semella de fantasía. Así de máxica é a bioluminiscencia en Galicia, fenómeno que se pode apreciar dende mediados ata finais deste mes de agosto e que deixa panorámicas espectaculares que nada teñen que envidiar ás aguas cristalinas do Caribe. O coñecido como Mar de Ardora resulta hipnótico para todos aqueles que o observan e antigamente vinculábase ás sereas, eses seres mitolóxicos que atraían fatalmente aos mariñeiros.

Ardentia ou Mar de Ardora cazada no Pindo
Ardentia ou Mar de Ardora cazada no Pindo | Fonte: Víctor Solís, de Costameiga.com

Mais o certo é que o segredo da bioluminiscencia non é outro que a presenza dunha especie moi concreta de algas no mar. Non é de estrañar que moitos animais que viven nos océanos produzan luz, sobre todo aqueles das profundidades avisais ou os nocturnos, que precisan dela para orientarse. Así, segundo apuntan os expertos do Woods Hole Oceanographic Institution (WHOI), algúns peixes, moluscos, medusas, estrelas de mar ou crustáceos desenvolveron sofisticados mecanismos de bioluminiscencia.

Esa bioluminiscencia implica unha reacción química dentro das células do animal, xa sexa para atraer ás présas ou para defenderse de depredadores ou para comunicarse entre si. De feito, a luz que emiten pode ser de diversas cores: vermella, amarela, violeta... Sendo a máis habitual  o azul verdoso intenso propio do Mar de Ardora, tamén chamado ardentía. E cal é esa alga que da lugar a esta maxia? O fitoplacton.

En realidade non se trata só dunha alga, aínda que comúnmente se simplifica como tal. O fitoplancton está composto por bacterias, protistas e plantas unicelulares, pertencentes ás especies de dinoflaxelados 'Noctiluca Scintillans' (coñecidas como chispas de mar), 'Pyrocystis Fusiformis' ou 'Alexandrium tamarense'. Unha poboación concentrada de fitoplancton fai que a superficie da auga se volva de cor azul brillante nalgúns lugares e baixo determinadas condicións do mar, case sempre cando suben as temperaturas.

Os microscópicos microorganismos tamén se encenden cando se senten ameazados por unha presa, por correntes ou ondas ou por algunha embarcación que axita a auga. É por iso que hai tantos vídeos nos que a xente se bota a nadar na auga nocturna durante o Mar de Ardora e ao seu arredor comeza a iluminarse a silueta. O mesmo ocorre cos barcos que surcan as augas pola noite no mes de agosto, deixando tras de si unha estela de azul brillante.

En Galicia, ver este fenómeno non é raro. Xunto a Porto Rico, Australia, Estados Unidos, Vietnam, Xapón e Nova Zelanda, entre outros escasos países, Galicia ten a sorte de poder gozar da espectacularidade das praias en ardentía este mes de agosto. O lugar por excelencia para ver o espectáculo na nosa terra é a Costa da Morte, pero tamén hai máis lugares: a praia de Carnota, a praia de Muxía, a dos Riás en Malpica, a de Balarés en Ponteceso, a da Ermida en Corme, a de Rebordelo en Cabana de Bergantiños ou a do Ézaro en Dumbría, todas elas na provincia da Coruña; así como nas Illas Cíes e nas Ons, na provincia de Pontevedra.

Sen embargo, hai que ter en conta que o Mar de Ardora resulta imprevisible, e aínda que se sabe que circunstancias como as altas temperaturas favorecen a súa aparición, tamén pode ser que te quedes agardando e non chegues a observar o fenómeno. A natureza ten os seus tempos. Eso si, garantímosche que o verán é o momento idóneo porque as augas do Atlántico que bañan as nosas costas teñen máis biodiversidade que nunca, pois conteñen moitos nutrientes que se concentran fronte ás nosas praias.

Ademais, a calor desta época crea condicións propicias para o crecemento e proliferación das microalgas. A medida que a temperatura se eleva, a actividade metabólica dos dinoflaxeladostamén aumenta, polo que resulta nunha maior produción da enzima luciferasa, responsable da emisión da luz. Con todo, procura os lugares onde haxa unha menor contaminación lumínica, pois coa luz que inunda moitas zonas turísticas, por desgraza, altérase a maxia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A iniciación ao Mar de Ardora debera vir da man dunha experiencia ancestral e misteriosa (máis que da luminiscencia das bacterias!) As veces son os misterios os que nos permiten soñar cunha noite de corpos espidos entrando no mar de ardora... Pero se escribimos guías turísticas, non teñades dúbida que o vindeiro verán teremos Chiringuitos Mar de Ardora a 50 € con Mojito Gratis... Daquela haberá que sacar ticket por Internet como na praia das Catedrais ou en Cíes... O mundo debe coidar dos seus misterios se queremos sobrevivir ás avalanchas do consumismo... Cicais xa ninguén disfruta dos misterios...