Só están abertas as das rías de Muros-Noia, Ares-Betanzos e a que hai en Camariñas.
  comenta   0
A Xunta reserva 40 millóns dentro do plan do marisqueo para paliar os efectos dos temporais de 2023. A oposición acusa ao conselleiro de reponsabilizar "de todo" á Unión Europea ou a Pedro Sánchez.
  comenta   0
Terá como funcións supervisar, aplicar e facer o seguimento dos instrumentos de ordenación que inclúe o texto aprobado en xullo de 2023 polo Parlamento de Galicia.
  comenta   1
Pediu tamén que se dote ao plan con 300 millóns de euros para investir en infraestruturas hidráulicas e estratexias que permitan facer fronte aos "desafíos" do cambio climático.
  comenta   0
Segundo informou a Xunta, as accións desenvolveranse entre o 11 e 12 de xuño, en dúas quendas, de 10.00 ás 12.00 horas e de 12.30 horas a 14.30 horas, respectivamente, e desenvolveranse en diferentes unidades analíticas.
  comenta   0
O Consello da Xunta analizou un informe sobre esta colaboración coa Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria (DX Sante) da Comisión Europea xunto co Ministerio de Industrias Primarias neozenlandés.
  comenta   0
O patrón maior de Noia, Santiago Cruz, lamenta que "ao cabo de anos, se non se recollen a tempo, ao degradarse o material soltará as substancias tóxicas que poderían filtrarse aos mosluscos, aos berberechos e á ameixa".
  comenta   0
Apuntan que "o sector quere deixar claro que calquera diferenza con outras comunidades autónomas na regulación esa materia carecería do mínimo fundamento, e no remoto caso de que tivese lugar constituiría unha discriminación insufrible para todo un sector e á comunidade galega na súa totalidade, que sería respondida o unísono con todos os medios ao alcance dun sector unido e consciente, que se acha ademais nunha situación crítica".
  comenta   0
O Executivo autonómico indicou que os profesionais do mar "son conscientes" de que tras as obras a ría quedará "totalmente improductiva" e que "é fundamental" que se estendan as axudas durante ese tempo de inactividade
As capturas do bivalvo este ano supuxeron o 6 % das capturas de 2022 e o 13 % das de 2021. Nos dez primeiros días de campaña deste ano sacaron só 39,3 toneladas de moluscos, fronte a 226,6 toneladas hai dous anos e 433,5 no dez primeiros días de traballo durante o pasado ano.
  comenta   0
A alta temperatura da auga, sen vento norte e a continua desova do mexillón alarman aos 'bateeiros'. A Xunta di que non ve nada anómalo.
  comenta   0
O lugar por excelencia para ver o espectáculo na nosa terra é a Costa da Morte, pero tamén hai máis lugares: a praia de Carnota, a praia de Muxía, a dos Riás en Malpica, a de Balarés en Ponteceso, a da Ermida en Corme, a de Rebordelo en Cabana de Bergantiños ou a do Ézaro en Dumbría, todas elas na provincia da Coruña; así como nas Illas Cíes e nas Ons, na provincia de Pontevedra.
  comenta   1
Polo momento instaláronse no malecón 330 metros cadrados de placas de formigón biopotenciador por parte da empresa ECOncrete. Este formigón reduce a contaminación acústica para os peixes e, ao mesmo tempo, e respectuoso coa fauna que se quere adherir a el. Así, a día de hoxe xa se pode observar como os mexillóns, as plantas e as algas, entre outros organismos da ría, se están a formar a súa nova vivenda nestas placas.
  comenta   2
O conflicto está na decisión da empresa A Ostreira de ampliar as súas instalacións en terreo público, cando dispón de terreos privados ao carón das súas instalacións.
  comenta   0
"A situación aseméllase á dun sumidoiro a ceo aberto. Os niveis de contaminación rexistrados nos últimos anos na Foz do Miñor, non fixeron máis que aumentar", denuncia Ecoloxistas en Acción.
Os mergulladores, dous cidadáns portugueses, descoñecían a prohibición de mergullar en Galicia pola semana
Pediu ao goberno galego "que se poña á fronte da situación" e que habilite os recursos necesarios para analizar as causas desta baixada de produción
  comenta   0
O obxectivo é incrementar o control ambiental do río Ulla e dos bancos marisqueiros de Carril, a través de campañas de mostraxe e monitorización da calidade das augas.
  comenta   0
Científicos avisan de que o quecemento do mar desprazará ameixas, berberechos e mexillóns desde zonas máis interiores cara ao exterior das rías e limitará o seu crecemento e reprodución, causando “cambios socioeconómicos”.
  comenta   0
Introducida na década de 1980 e explotada comercialmente nas Rías Altas, a ostra do Pacífico podería espallarse cara ao sur e ocupar a totalidade das Rías Baixas polo quecemento do mar, causando impactos ambientais e económicos, alertan científicos.
  comenta   0
Os investigadores confirman o primeiro rexistro en Galicia de infestación de vieiras por 'Polydora hoplura', na ría de Vigo, e temen que se estea espallando por outros puntos. Este verme afecta a moluscos bivalvos, nos que se instala perforando as súas cunchas, comprometendo o seu desenvolvemento e existencia.
  comenta   0
Foi "asaltado por numerosas persoas concentradas na entrada das instalacións portuarias do Porto de Santamaría", no ámbito do paro do transporte de mercadorías por estrada.
  comenta   0
As investigadoras poñen o foco nos "repetidos eventos" nos que peixes e moluscos morreron masiva e repentinamente nas rías galegas. "A única explicación posible é a baixada drástica da salinidade debido á apertura dos encoros", indican.
  comenta   0