Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2024 | Actualizada ás 18:27
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) participou na auditoría da Unión Europea do sistema de produción de moluscos bivalvos que Nova Zelandia destina á exportación cara á UE. O Consello da Xunta analizou un informe sobre esta colaboración coa Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria (DX Sante) da Comisión Europea xunto co Ministerio de Industrias Primarias neozenlandés.
Así, verifícase que as condicións de recoñecemento de equivalencia da produción de bivalvos neste país de Oceanía mantéñense. A inspección foi levada a cabo de modo híbrido por un equipo de dous auditores da DX Sante e dous expertos nacionais, un deles a directora do Incterma, Covadonga Salgado, durante os meses de abril e maio. As institucións comunitarias recoñecen a experiencia dos técnicos deste organismo autonómico que realiza cada ano máis de 80.000 análise para garantir a calidade e salubridade dos produtos do mar galegos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.