A asociación galega de viticultura alerta que a imposición de novos aranceis suporá un aumento de prezos "enorme" do consumidor final e reducirá a competitividade fronte a viños locais
  comenta   0
Centrouse en cuestións como as oportunidades de negocio que as empresas galegas teñen en Estados Unidos en áreas como a construción, o sector das enerxías renovables, aeroespacial ou a indsutria alimentaria
  comenta   0
Stellantis caía un 4.35 % en bolsa este xoves. Chaman ao diálogo para evitar os efectos "prexudiciais" de "unha guerra comercial".
  comenta   0
Unha operación policial denominada 'Nautilus', con participación de autoridades portuguesas e españolas, permitiu interceptar a unhas 500 millas náuticas ao sur das illas Azores o narcosubmarino.
  comenta   0
Sumar, ERC, Bildu e Podemos avogaron por lograr a autonomía estratéxica da Unión Europea (UE) en materia de seguridade e defensa.
  comenta   0
Nova York non é unha cidade calquera. É un símbolo. É historia, diversidade e diálogo. E, sobre todo, é un ensaio —quizais o máis exitoso— do que despois quixo ser a Unión Europea: un espazo construído desde as achegas de centos de comunidades diferentes, con raíces diversas e culturas entrelazadas, creando algo novo sen renunciar á alma de cada quen, un verdadeiro valor diferencial, que atrae a todo o mundo.
  comenta   0
O PP esixirá que a Cámara vote calquera decisión nesta materia e o BNG que se opoña aos 800.000 millóns que planea a UE..
  comenta   0
O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, ameazou este xoves con impor "en breve" un arancel do 200 % a todos os viños e produtos alcohólicos procedentes dos países representados pola Unión Europea (UE) se Bruxelas non retira "de inmediato" o gravame anunciado do 50 % sobre o whiskey estadounidense.
  comenta   0
A fenda salarial "aínda é inconcibible" e "hai que actuar" dunha forma "moi decidida e determinante", sobre todo, no referente ás políticas e estratexias de coidados, alertou o secretario xeral confederal de CC.OO.
  comenta   0
Hai poucas cousas máis perigosas en política que un “Magapatriota” con memoria curta. E se ese patriota, ademais, ten acceso ao botón nuclear dos aranceis, a tormenta está servida. En San Cibrao, onde cada quenda de traballo de Alcoa soa como un latexado industrial dun desfibrilador, xa comeza a notarse a sombra dun Donald Trump que volve á carga co seu “America First”.
  comenta   0
Unha investigación da USC explícao, baseándose nun modelo matemático que proba como o campo magnético despraza o fluído que existe no oído interno.
A UE di que "responderá con contramedidas "firmes e proporcionadas" a aranceis de Trump, pero "dialogando" co presidente ianqui. Ultras e populares europeos piden "dialogar" con Trump porque é "un aliado moi próximo" e os socialistas e partidos da esquerda piden "cotundencia" contra as medidas discriminatorias do dirixente ultra norteamericano.
  comenta   0
A multinacional galega, que exporta por 28 millóns a EE.UU., avisa de que o país norteamericano "non é autosuficiente" e será "imposible" que se manteña sen provedores a longo prazo. Rueda amosa a súa "inquietude" ante o anuncio do magnate estadonidense.
  comenta   0
Foi este martes cando Trump afirmou que Estados Unidos "se fará cargo" da Franxa de Gaza "a longo prazo", á vez que insistiu no seu plan de desprazar á poboación palestina do enclave a outros países da rexión.
  comenta   0
A programación da XII edición deste festival internacional, único evento no noroeste peninsular dedicado a este instrumento, regresará este ano aos espazos máis emblemáticos da localidade coruñesa.
  comenta   0
Avanza que as incidencias ferroviarias en 2024 foron inferiores que en 2023, aínda que "moi rechamantes".
  comenta   0
Juan Gestal, epidemiólogo e catedrático xubilado de Medicina Preventiva na USC, amósase convencido de que "a ameaza dunha futura pandemia de gripe é real". Apunta a un recente estudo que determinou que "unha soa mutación (antes pensábase que eran precisas tres) na hemaglutinina do clado 2.3.4.4b do virus aviario A (H5N1) podería mellorar significativamente a súa capacidade de unirse a células humanas".
  comenta   0
Nestes tempos de comezo de ano, moita felicidade para todos e todas e, ademais, unha pequena reflexión sobre o momento no que 2025 chega, con moitas frontes abertas desde diferentes puntos de vista e moita incerteza en termos de convivencia, tanto no eido máis “macro” como no máis local.
  comenta   0
O xurado vén de seleccionar os nove proxectos que formarán parte da súa XV edición, que terá como lema “Cambio Climático: unha oportunidade para os xardíns”.
  comenta   0
A asistencia a salas de cinema rexistra unha baixada do 5% en 2024, con 71 millóns de espectadores.
  comenta   0
Decidiu montar en 2018, en Alvaredos, concello de Quiroga, unha adega en sociedade co enólogo estadounidense Paul Hobbs.
Inicia a semana entre as maiores caídas do Ibex tras o recorte do 10% a pasada semana.
  comenta   0
Bluesky, a rede creada por un dos fundadores de Twitter, pretende volver á orixe desta plataforma cunha proposta lonxe do ruído e da desinformación.
  comenta   1
A compañía, a pesar de anunciar aumento de beneficios, retarda o ritmo de crecemento e crece por baixo de previsións de analistas.
  comenta   0
O Galicia Confidencial fai unha parada na súa axenda para visitar este museo de Allariz que, a través de preto de 1.500 pezas que van dende o ano 1910 ata o 1978, consegue devolver aos máis maiores á súa infancia e amosarlle aos nenos como se divertían os seus pais e avós no pasado.
  comenta   0
A lóxica expectación creada arredor das eleccións celebradas este pasado día 5 nos Estados Unidos xa ten un desenlace práctico. Donald Trump regresa á Casa Branca cun poder absoluto: ademais de conseguir a vitoria fronte a Kamala Harris (nesta ocasión, obtendo tamén unha maioría de votos populares), ten asegurado o control da Cámara de Representantes e do Senado e segue mantendo a coñecida maioría de membros do Tribunal Supremo.
  comenta   0
O tamén director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) explica ao Galicia Confidencial que "nun mundo incerto como o é o actual, con tantas variables xeopolíticas que percibe a opinión pública con certa inquedanza, nestas eleccións claramente primou a lóxica de apoiar o 'chegar a final de mes' económico", algo que tamén pesou para a poboación inmigrante que foi votar, pois "ao estar legalmente residindo nos Estados Unidos, a política migratoria de Trump non lles afecta".
  comenta   2
GC continúa os pasos que xa deron The Guardian e La Vanguardia. Articulistas tamén abandonaron esta rede. Queda por saber se máis medios e, sobre todo, políticos e partidos de esquerda, independentistas e nacionalistas tamén seguen os mesmos pasos para dar exemplo.
  comenta   14
O actual sistema capitalista está afogando á chamada clase media. Case un 25% dos españois non logra aforrar a final de mes, o que agrava o malestar psicolóxico.
  comenta   0
Salvador Monteagudo é un galego que leva media vida vivindo nunha vila de Manhattan próxima á cidade de Nova York e que nos dá a súa visión sobre o que impulsou a Trump a unha vitoria tan abafante, e contra todo prognóstico, fronte a Kamala Harris.
  comenta   8
A perito xudicial en Arqueoloxía especializada en cultura celta África Castañeda confesa ao Galicia Confidencial que, "se se trata de recuperar a celebración tradicional tirando máis para o Halloween que para o Samaín, probablemente se remate perdendo".
  comenta   0