Galicia Confidencial tamén deixa a rede X tras fomentar mentiras e posicións ultra

GC continúa os pasos que xa deron The Guardian e La Vanguardia. Articulistas tamén abandonaron esta rede. Queda por saber se máis medios e, sobre todo, políticos e partidos de esquerda, independentistas e nacionalistas tamén seguen os mesmos pasos para dar exemplo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial, como fixeron xa xornais como The Guardian ou La Vanguardia, deixa a rede X, antes Twitter. Unha decisión que este medio viña meditando desde hai un tempo logo da censura de varios artigos sen explicacións dos motivos, algúns deles, con contido sobre a guerra de Israel en Palestina, ou informacións vinculadas a partidos nacionalistas, independentistas ou de esquerdas.

Elon Musk e Donald Trump
Elon Musk e Donald Trump | Fonte: youtube

Polo tanto, Galicia Confidencial deixará de publicar tuits de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas. Desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita.

A decisión coincide co anuncio de Donald Trump de nomear a Elon Musk como asesor para un Departamento de Eficiencia do Goberno (DOGE), co obxectivo de facer recortes na administración estadounidense, é incompatible con que dirixa unha rede social da magnitude de X. Ese nomeamento político situa a Musk ao carón dos que defenden deportacións masivas e despidos de funcionarios que non son afins as teorías conspiranoicas do futuro presidente.

A adquisición de X en outubro do 2022 supuxo xa o despedimento masivo de traballadores que incluíu a supresión do departamento que moderaba os contidos. Os grandes anunciantes que tiña a plataforma abandonárona hai xa tempo. En maio do 2023, X abandonou un programa coa UE para a loita contra a desinformación. De feito, desde entón, multiplicouse a presenza de bots que axudan a propagar a desinformación, tal como aconteceu durante a recente traxedia de Valencia 

OUTROS MEDIOS TAMÉN ABANDONAN ESTA REDE

A decisión de Galicia Confidencial, que xa viña sopesando esta decisión desde hai algún tempo, coincide coa que xa ixo pública o diario inglés The Guardian e La Vanguardia entre outros medios. Ambos os dous medios de comunicación consideran que permanecer nesta plataforma ten máis efectos negativos que positivos, a pesar dos milleiros, millóns de seguidores que teñen nelas.

Previamente xa anunciaran a súa marcha a National Public Radio (NPR), unha organización de medios de comunicación estadounidense sen ánimo de lucro, e a prestixiosa televisión pública de Estados Unidos PBS, que abandonaron X despois de que a rede social as etiquetou como "medios de comunicación afiliado ao Estado".

En datas recentes tamén abandonaron a súa presenza en X o Festival de Cinema de Berlín, e outras institucións como o corpo de policía do norte de Gales, que sinalou que estar nesta rede social non era coherente cos seus valores éticos, e o hospital ortopédico Royal National, que argumentou un "aumento do volume de discursos de odio e comentarios abusivos" para deixar esta plataforma.

MÁIS REACCIÓNS

Ademais de medios de comunicación, recoñecidos articulistas e persoas vinculadas ao mundo das artes decidiron tamén abandonar esta rede social. Polo momento, dirixentes políticos e partidos da esquerda, nacionalistas ou independentistas non manifestaron a súa decisión de deixar unha rede dominada por un magnate ultra e populista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Ferroviario

As alegacións individuais non implican que haxa dereito a que a administración teña que respostar a esa alegación en cada caso. Se eu fago unha alegación contra a instalación de ALTRI, a Administración non e vai contestar a min individualmente. E doado de entender, outra cousa é que non guste.

1 Gamela

Hai algúns que levan 10 anos esixindo o cumprimento das leis e polo que se pode ver seguen agardando que diversas Administración fagan algo máis que Prevaricar ! https://www.ribadeando.com/2024/11/... Non se trata de Gustos, trátase de Xustiza !

2 Ferroviario

A xustiza non cosnsiste, precisamente, en que o Concelo de Vigo conteste por escrito a unha alegación individual feita por Gamela, porque nengunha Administración ten a obriga legal de responder dun xeito individualizado as alegacións privadas, a un PXO, por exemplo. Os dereitos son os que están recoñecidos na Lei, e ese dereito non está en nengunha Lei. E decir, así en abstracto, que ad Administracións o único que fan e prevaricar é algo baleiro, demagóxico e sen contido algún. Por moita negrita que poña un, as cousas son coma son

3 Gamela
recente

Con ánimo de ACLARAR recibo esta indicación : O Concello ten obriga legal de notificar individualmente a resposta ás alegacións. No entanto a normativa permite que cando as alegacións son de análogo contido análogo a resposta pode ser común a varias. Aínda que en Vigo o criterio interpretativo da Xerencia de Urbanismo defende que a notificación individualizada corresponde cando o acto administrativo é definitivo, que é o momento no que se pode iniciar a vía contencioso-administrativa. Se non tivesemos unha resposta individualizada estaríamos INDEFENSOS ante calquera resolución arbitraria da Administración. (Pero polo que vexo todo é posible) Amén.

4 Ferroviario

Unha alegación a un PXOU , non se contesta individualmente a cada alegante, senón que se resolve cando se resolve o tema en cuestión. As moitas alegacións a ALTRI, por exemplo, non se van a contestar a cada alegante. A Administración ten unhas normas e uns procedementos, non é un colegueo. Eu non dou consellos a ninguén, pero, repito, a Administración non ten por que responder a emails. E non sei que terán que ver os empresarios eses dos foguetes obsesionados con maximizar os seus beneficios, co Concello de Vigo. Francamante non vexo a relación.

1 Gamela

Se fago unha alegación INDIVIDUAL teño dereito a unha resposta igualmente individualizada (aínda que a resposta sexa común eso que se chama Pro-forma) Pero non responder é sinxelamente impresentable ! Mira como se sortean vivendas da Xunta en Vigo https://youtu.be/sgJLscG91hI Detrás existe unha fermosa pantalla dixital para facer VISIBLE o proceso de Sorteo Público ! Pero os funcionarios nin siquera se molestan en enchufar un cable e dar transparencia ao sistema de sorteo ! É só un exemplo do nivel da nosa Administración ! Penoso que tendo medios a esgalla para publicitar un sorteo sexa esto o que temos que aturar... (eu non falei de empresarios nin de foguetes nin de beneficios aínda que seguro que se pensas mal ACERTAS !)

3 Sentidiño

Parabéns!

2 O Lois

Noraboa!!

1 Gamela

La Vanguardia foi dos primeiros en levantar Muros de Pago para acceder á información. E coma o resto de Medios sumáronse á Venda de Cookies a Terceiros (cobrando por traficar coa nosa información de navegación) // http://www.galiciaconfidencial.com/... // Moitos políticos con contas Premiun impiden a interacción cos usuarios da rede (se non te siguen non podes falar con eles (democracia privada) // E por último moitos servizos da Administración funcionan coma se estiveran nunha rede social, envías e-mails que nunca teñen resposta, fas reclamacións das que ninguén é responsable (silencio administrativo) Funcionarios que dende a Pandemia saben que ninguén controla a súa xestión nin a súa eficacia (agás que estés disposto a levalos aos Tribunais) // En definitiva abandonar X non "resolve nada". Antes de Elon Musk xa tiñamos problemas https://gamela00.blogspot.com/2014/...

1 Ferroviario

As comunicacións a Administración Pública teñen que presentarse no Rexistro, ou na sede electrónica, A Administración non ten obriga de contestar calquer cousa que non se presente neses canles.

2 Gamela

Por Rexistro adxuntando todos o datos, levo 4 anos agardando unha resposta. Volvín dúas veces polo Negociado e disque non poden dar resolución á miña demanda (a pesares de estar aprobada) porque existen varias demandas semellantes (tamén aprobadas técnicamente) e mentras o Alcalde non decida levalas a Pleno para a súa aprobación non poden resolver. Envieille dous e-mails ao Concelleiro e nin siquera recibín un acuse de recibo. En maio cumpriranse 5 anos e seguimos igual (autonomía dos Concellos) ? Na sede electronica do Concello de Vigo levamos 3 anos sen resposta ás alegacións presentadas ao PXOM seica eran arredor de 5.000 alegacións e aínda ninguén recibiu resposta... En fin... dalle consellos a outro que non saiba de que vai esta Admón Insoportable ! Se chegara un Elon Musk que os despedira sine díe, eu particularmente alegraríame bastante... Cinco anos paréceche suficiente ou temos que agardar outros 5 anos a ver se morremos antes...?

3 xurxosalgado

Gamela.... Non é meu estilo entrar a comentarche nada pero cousas como "se chegara un Elon Musk que os despedira sine díe, eu alegrariame moito", penso que sobran. Estás contento tamén cos despidos masivos que fixo este señor cando entrou en Twitter para controlar esa rede?, Ti pensas que despedindo á xente "sine die" se solucionan os problemas?. E, quen vai facer ese traballo despois?, apostamos por contratar a xente "sumisa e controlada"?. De feito, o modelo de "sumisión, control e desinformación" non vai con nós. E por iso demos este paso. Apoiando a xente como este señor, apoias tamén o seu modelo de facer as cousas que, obviamente, non é o que comparte este medio de comunicación. Un saúdo

4 Sentidiño

Amén.

5 Gamela

Respondendo a Xurxo : a miña frase deberase entender no contexto do exemplo dos "funcionarios" que deixan de ser funcionarios para se converter en "colaboracionistas" dos políticos de turno ! Cando a Función Pública convertese en Rateira Privada as cousas mudan e os pricipios de xustiza universal decaen en mans dos Tiranos Democráticos (?) Sobre o tema do abandono de X cómpre unha reflexión máis ampla (algúns temen perder os 2.600.000 seguidores) https://www.diario.red/articulo/edi... Pero eu sempre dixen que aqueles que bloquean as contas críticas non teñen nada de demócratas senon máis ben todo o contrario... O mundo seguirá sendo un inferno con redes ou sen redes... Claro que tamén poderíamos transformalo noutro mundo máis amable e máis feliz... ¿Por que non?