Aos seus 24 anos este mozo logrou impresionar a xurado, público e presentador deste concurso de talentos. Dende o Galicia Confidencial falamos con el para achegarnos á súa traxectoria.
  comenta   0
"Temos o orgullo de ter recuperado esta tradición e cultura que empezaba a desaparecer", expuxo Caballero, mentres pedía aos milleiros e milleiros de persoas que enchían as rúas de Vigo que retrocedese a aqueles tempos de "cando eramos pequenos, e fomos felices, todos nos acordamos das nosas familias, das nosas casas, daquel Nadal de fai tantos anos, e hoxe facémolo no século XXI".
  comenta   0
GC continúa os pasos que xa deron The Guardian e La Vanguardia. Articulistas tamén abandonaron esta rede. Queda por saber se máis medios e, sobre todo, políticos e partidos de esquerda, independentistas e nacionalistas tamén seguen os mesmos pasos para dar exemplo.
  comenta   14
Paloma Luciarte, community manager de Intervivienda, fixo despegar as redes sociais da inmobiliaria en pouco máis dun ano grazas ás súas pesquisas sobre o pasado da urbe olívica. Hoxe, dende o Galicia Confidencial, falamos con ela para coñecer a súa fonte de inspiración e contido.
  comenta   0
O profesor de Antropoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xosé Ramón Mariño Ferro fala co Galicia Confidencial sobre os diversos símbolos relixiosos que se conservan en Galicia e sobre o futuro das romarías.
  comenta   1
A perito xudicial en Arqueoloxía especializada en cultura celta África Castañeda confesa ao Galicia Confidencial que, "se se trata de recuperar a celebración tradicional tirando máis para o Halloween que para o Samaín, probablemente se remate perdendo".
  comenta   0
O Galicia Confidencial visita o seu obradoiro en Pontecesures, onde nos ensina unha roda de madeira para a fabricación de cirios de 4 metros de altura e os seus estantes cheos de centos moldes de arxila fabricados a man.
  comenta   0
"Agora xa ninguén quere mobles ornamentais, nin pasamáns tallados", asegura o artesán, que lamenta que, todas estas circunstancias sumadas, fixeron que este oficio "fose morrendo ou quedase practicamente residual". Dende o Galicia Confidencial reflexionamos con este artesán sobre a decadencia desta fermosa arte.
  comenta   0
Un xulgado de Vilgarcía dálle a razón a este medio de comunicación. "Debe primar a liberdade de información sobre o dereito á propia imaxe", apunta a sentenza. "E unha sentenza novedosa xa que poucas veces nos encontramos con un pleito no que únicamente se reclama a vulneración do dereito a imaxe", destaca a avogada Lucía Silvosa.
  comenta   1
Dende o Galicia Confidencial, aproveitando a recente publicación dos datos de natalidade e mortalidade oficiais do 2023 en cada concello galego, analizamos o duro futuro ao que se enfrontan os concellos de menos de 500 veciños.
  comenta   0
Conta ao Galicia Confidencial que mesmo "teño ido a algunha escola coa fragua para dicirlle aos rapaciños como era", pero, "de entre todos os estudantes, atopas dous, como moito, que se preocupen disto".
  comenta   0
O Galicia Confidencial sondea a realidade da crise do polbo en Galicia falando cos patróns maiores das confrarías de pescadores de Porto do Son e Fisterra. No caso concreto de Porto do Son, a situación é tan crítica que "hai algún barco que mesmo tivo que cambiar de oficio".
  comenta   0
O investigador do CiMUS Jesús Requena charla co Galicia Confidencial sobre os prións e o seu risco para seres humanos e animais. Non foi ata 1982 cando se 'propuxo' a existencia dos prións, probada nos seguintes 20 anos. Da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ás vacas tolas, pasando pola actual 'enfermidade do cervo zombie' ou a tembladeira das ovellas.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial falamos con Sonia, a creadora do invento xunto á súa parella, que asegura que, agora, a idea é ir un paso máis alá: "Estamos a ver se atopamos a maneira de que os concellos nos apoien un pouquiño e nos poñan papeleiras nas que baleirar posteriormente as cabicheiras e, acto seguido, que as cabichas poidan ser levadas a un lugar para a súa reciclaxe".
  comenta   1
O Galicia Confidencial percorre os mananciais das profundidades da capital galega da man dos guías da iniciativa 'Patrimonio Invisible'. Sabías que nos anos de 1938-1939 o 59 % de todas as casas de Santiago non tiñan auga potable e, no rural, a porcentaxe ascendía ata o 99 %.
  comenta   0
Leva máis de media vida creando arte coas súas árbores e, tras ter gañado ducias de premios asistindo a competicións, ábrenos as portas de Kingii, a súa tenda, en Val do Dubra. Acompáñanos!
  comenta   0
Carina e Natalia son unha psicopedagoga e educadora social e unha profesora de Primaria que se deron conta de que os nenos galegos precisaban unha axenda na que coñecer os festivos da súa terra, técnicas de estudo e de avaliación e o impacto emocional de cada un dos acontecementos da súa etapa educativa. Dende o GC falamos con elas!
  comenta   0
O Galicia Confidencial sae á rúa preguntar aos universitarios que comezan estes días as clases na USC como foi a súa odisea na procura dunha vivenda digna. As súas respostas poñen de manifesto a complicada situación que atravesa o sector inmobiliario na cidade.
  comenta   0
Bego, impulsora dunha quedada frustrada no Mercadona de Redondela, cre que "todo son prexuízos, de aí que xente que quería vir realmente ao final se botase atrás por vergoña". Déixanos unha reflexión: "Ao final, por vergoña, perdemos a oportunidade de facer un montón de cousas".
  comenta   1
Vén de quedar segundo no festival de cultura urbana O Marisquiño, en Vigo, onde volveu á pista con novas estruturas tras uns meses sen asistir a grandes competicións. Así nolo conta ao Galicia Confidencial.
  comenta   0
Realizado por voluntarios de Agareso, vai xa pola súa quinta tempada, con confirmación dunha sexta. O GC fala con Verónica, coordinadora deste programa, que nos conta como se xestou e como foi evolucionando.
  comenta   0
Carragueiros é unha das praias do concello de Boiro preferidas pola xente da comarca e dos arredores durante o verán pola calidade das súas augas e a súa area dourada.
  comenta   0
De Sanxenxo ao Grove, de Santiago á Coruña, o Galicia Confidencial bota man dos datos aportados polo INE e o IGE para analizar como se foi incrementando o turismo na nosa terra co paso dos anos ata o punto de facerse verdadeiramente insostible.
  comenta   1
O presidente da Xunta, a preguntas do Galicia Confidencial tras o Consello da Xunta, afirma que "ás veces" en Galicia se produce "unha disparidade e un feísmo nas terrazas".
  comenta   0
Milagros González Refojo, presidenta da cooperativa A Pementeira e do Consello Regulador da Denominación de Orixe 'Pemento de Herbón', conta ao Galicia Confidencial como se cultivan e colleitan estas delicias gastronómicas.
  comenta   1
Dende o Galicia Confidencial e da man da asociación Amar Carril explicámosvos o difícil que é que unha ameixa chegue viva á súa madurez con todos os perigos que a axexan dentro e fóra do mar.
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial facemos unha rápida visita a este parking un día calquera, a ver que nos atopamos. En só 5 minutos dando un rodeo atopamos dende un Porsche Panamera ata un Audi R8.
  comenta   0
A proposta do BNG presentada na Comisión de Agricultura foi aprobada por unanimidade con algunhas modificacións. O documento final trasladarase ao goberno do Estado para solicitar un protocolo de vixilancia e a inclusión da Lyme como enfermidade profesional do sector agrogandeiro e forestal.
  comenta   0
Con motivo do Día Mundial do Parkour este sábado o Galicia Confidencial descúbreche un pouquiño desta disciplina que xa está recoñecida a nivel deportivo.
  comenta   0
Os goles de Davis e Miller certificaron a derrota da Selección Galega. Aspas intentou prepararse durante os exercicios de quencemento, pero non foi posible que saíse ao campo.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial falamos co seu director, Josué, que nos conta como foron os comezos desta orquestra canaria en Galicia e os desafíos aos que se enfronta cada ano.
  comenta   0
Vías secundarias con difícil incorporación á estrada principal, curvas estreitas e sen visibilidade, vehículos a altas velocidades pasando por unha zona de casas na que non hai nin beirarrúas nin pasos de peóns... Dende a Plataforma Veciñal de Infesta, un dos seus portavoces, Antón Lois, cóntanos o perigo que corren cada día ao saír das casas.
  comenta   0
Funergal, celebrada no recinto de Expourense, trae as últimas innovacións do sector funerario: cadaleitoos sostibles, urnas que fan de xardín ou de lámpada, coches de alta gama para o último paseo e mesmo tanatorios portátiles.
  comenta   0
Coñecemos máis desta disciplina deportiva minoritaria en Galicia, pero que presenta moitos beneficios.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial saímos á rúa a preguntar aos mozos, pero propoñémosche que fagas un exercicio de reflexión a ver cantos acertas ti. Máis abaixo podes ver o listado de todos os homenaxeados.
  comenta   0
Entrará a formar parte do equipo de e-sports no que tamén está o coñecido streamer e youtuber galego Guanyar.
  comenta   0
Quen dixo que no rural galego non había oportunidades? Pois habelas hainas, como adoita dicirse, e ben boas, especialmente para os mozos. Dende o Galicia Confidencial sondeamos algunhas no que a vivenda baratiña se refire.
  comenta   0
Trátase da DP-7402, un tramo de 2,6 quilómetros de estrada situado no concello de Rois e que enlaza coa AG-56. Na zona hai máis dunha ducia de granxas que precisan que camións e tractores transiten por esta pista a diario, cos perigos que iso supón. Agora mesmo estanse levando a cabo os procesos de expropiación pertinentes e o seguinte paso sería a licitación.
  comenta   0
Con máximas de 23,8 ºC polo día e mínimas de 8,8 ºC pola noite de media nesta primeira quincena do mes de abril, segundo os rexistros dunha das estacións meteorolóxicas de Meteogalicia en Ourense.
  comenta   1
Os traballadores do Centro de Coordinación do Tráfico e Salvamento Marítimo de Fisterra explican a Galicia Confidencial como realizan a xestión dunha emerxencia dende que reciben o aviso por parte dun particular ata que deciden os medios a despregar, coa dificultade que en moitas ocasións supón o ubicar exactamente no lugar onde se produxo o suceso. Tamén somos testigos dun episodio directo de vixilancia sobre a contaminación dos mares.
  comenta   0
O seu nome provén da forma da súa flor, con tres pétalos brancos rematados en punta, que recordan ás orellas dos gatos. Como conta a Galicia Confidencial o investigador Jonatan Rodríguez nunha nova entrega da serie de especies invasoras, é todo un enigma, pois "nun principio as flores que aparecen en Galicia poderían ter a posibilidade de ser polinizadas e producir froitos, pero nunca se viu ningún froito con sementes, todas abortan".
  comenta   0