(Vídeo) As Tanxugueiras interpretan o himno galego nun partido que remata con derrota para Galicia

Os goles de Davis e Miller certificaron a derrota da Selección Galega. Aspas intentou prepararse durante os exercicios de quencemento, pero non foi posible que saíse ao campo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 01/06/2024 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O partido que enfrontaba á Selección Galega contra Panamá este venres rematou coa derrota do equipo galego por 2 goles a 0. Iago Aspas foi baixa de última hora e, aínda que tentou probarse durante os exercicios de quencemento, non foi posible a súa saída ao campo. O capitán da Irmandiña pasou a ser Lucas Pérez, que tivo a primeira ocasión do partido, cun lanzamento directo de falta que atrapou o porteiro Mosquera. Os panameños replicaron cun cabezazo de Guerrero que detivo Iván Villar.

Galicia-Panamá
Galicia-Panamá | Fonte: Real Federación Galega de Fútbol

Durante a primeira parte Jonny cometeu un penalti sobre Martínez e Davis non perdoou. Lucas Pérez tivo nas súas botas a oportunidade do empate, pero Mosquera parou o intento. Pouco despois tivo outra clara oportunidade Manu Justo, pero o delanteiro do Racing de Ferrol tampouco foi quen de marcar. Panamá, pola contra, aproveitou un saque de esquina e anotou o 2 a 0, da man de Miller.

A pesares da derrota, a emoción de volver ver á Irmandiña despois de tantos anos fixo que Balaídos festexase durante todo o partido. Dende a interpretación do himno galego da man das Tanxugueiras, a festa non parou nin un intre. Agardemos poder ver moitos máis partidos da Selección Galega pronto, mentres tanto, por aquí vos deixamos un bonito recordo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta