Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/04/2024 | Actualizada ás 16:05
A Garda Civil detivo a un veciño de Malpica como presunto autor dun delito de roubo con intimidación e violencia e tentativa doutro en sucursais bancarias da provincia. O 23 de febreiro frustrouse o primeiro intento de roubo a unha sucursal da localidade de Esteiro, onde o presunto autor non chega a acceder ao banco, xa que o empregado llo impide porque sospeitou da súa actitude e roupa. Catro días máis tarde, o mesmo autor, asalta outra sucursal bancaria de Ponte do Porto, Camariñas, onde tras acceder, agrede e intimida cunha arma de fogo ao único empregado e consigue sustraer un total de 44.000 euros.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
O presunto autor atopábase cumprindo condena por feitos similares e foi posto a disposición do Xuzgado de 1º Instancia e Instrucción número 2 de Corcubión, tras prestar declaración, a Titular do Xuzgado acordou o seu ingreso en prisión sen fianza e comunicada.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Cae outro fornecedor de drogas en Chapela
- Queda atrapada no interior do seu coche envorcado en Montederramo
- Galicia segue loitando por unha proba de acceso á universidade "homoxénea" e procurará "o aval" da CRUE
- Logran trucar máquinas de apostas para facerse con máis de 100.000 euros en Vigo e Fornelos de Montes
- Denunciado o condutor dun camión que quedou atrancado nun túnel da Coruña
- Sanidade deixa a pelota no tellado do poder lexislativo para limitar os espazos libres de fume