Sabías que estes 20 'influencers' son galegos? De Michenlo a Enrique Dans, pasando por Wismichu ou Rebeca Stones

Galicia é cuna de talento e as redes sociais así o demostran.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 22/06/2024 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Tralo éxito internacional logrado por moitos galegos, como pode ser o caso da actriz Ester Expósito ou do actor Mario Casas, de seguro nalgún momento te paraches a pensar na gran cuna de talento que é Galicia. E non é para menos, pois certamente para tratarse dunha comunidade de 2,7 millóns de habitantes veu nacer e crecer a moitos famosos que a día de hoxe están triunfando no seu, tanto a nivel nacional como, moitos deles, xa de talle mundial. Dende o Galicia Confidencial traémosche a varios 'influencers' que o están petando actualmente e que quizáis non sabías que naceron na nosa querida terra.

Influencers galegos
Influencers galegos | Fonte: GC

XURXO CARREÑO

Un lugar destacado nesta serie tiña que ter Xurxo Carreño, con 7 millóns de seguidores en Tik Tok e 4,1 millóns en Instagram. Este ourensán de cuna era xogador de balonmán e comezou subindo vídeos a redes case por casualidade, ata conseguir chegar a superar con creces o millón de seguidores grazas ao seu peculiar sentido do humor. Todo comezou no Nadal de 2016, cando os seus pais lle agasallaron unha guitarra. Aquilo non funcionou e comezou a ver que en YouTube había un americano que facía humor dobrando vídeos de coña e que, aínda que non entendía nada do que dicía, facíalle graza. Así que el decidiu dobrar vídeos tamén, con distintas voces e co peculiar humor galego por bandeira, que o mantén no cumio hoxe.

WISMICHU

Aínda que semella desaparecido dende fai un tempo de YouTube e Twitch, Ismael Prego Botana conta con 3 millóns de seguidores en Instagram e 9 millóns en YouTube. Este coruñés de 29 anos é máis coñecido en España como Wismichu, e chegou a convertirse nun dos 'youtubers' máis famosos de todo o panorama nacional. A provocación é a arma que máis usa para gañarse ao público. Ou o amas ou o odias, xa que o seu humor non é para todos os gustos, o cal lle levou a ter bastantes polémicas ao longo da súa carreira.

ALEXANDRA PEREIRA

No top de 'influencers' galegas está, sen lugar a dúbidas, Alexandra Pereira, que conta con 2,3 millóns de seguidores en Instagram. Pode ser que polo nome non a saquedes, pero de seguro que si pola súa canle: 'Lovely Pepa'. Esta viguesa comezou fai máis de 10 anos cun blog e agora é un referente nas redes polos seus contidos relacionados, sobre todo, coa moda. Dende que publicou o seu primeiro 'post' no seu bloque pasou moito tempo, pero agora convertiuse nunha marca pola que se pelexan firmas como Chanel, Fendi ou Celin, e mesmo se subiu á pasarela nun desfile de Dolce & Gabanna.

'EL XOCAS'

A día de hoxe un dos 'youtubers' máis importantes de España. É considerado como o 'streamer' mellor calificado e máis grande no xogo 'World of Warcraft'. Foi precisamente a súa experiencia e dominio neste videoxogo os que o encumbraron como o gran referente que é agora en redes, chegando aos 3,9 millóns de seguidores en Twitch e aos 2,29 millóns en YouTube. Pode tirarse horas e horas en 'streaming' falando de todo tipo de cousas, dende novas de actualidade ata documentais, pasando por videoxogos ou polémicas varias. No ano 2021 recibiu o premio Esland (creado por outro 'youtuber' de renome: The Grefg') a 'Streamer revelación do ano'. Ademais, en xaneiro de 2022 bateu un récord de espectadores ao reunir a 1,2 millóns de persoas seguindo o minuto a minuto da súa participación nos 'SquidCraft Games' (algo así como 'El juego del calamar' dos 'streamers').

GALA GONZÁLEZ

Comezou a súa carreira na industria textil traballando para Adolfo Domínguez, pero agora é unha das empresarias e 'influencers' máis coñecidas de España, con 1,7 millóns de seguidores en Instagram. Cando entrou a formar parte de Adolfo Domínguez como deseñadora creativa da súa liña moza, non pensaba que chegaría a ser tan influínte nas redes sociais.

EVA PORTO

Cando esta coruñesa viu que as redes sociais tamén se estaban usando cada vez máis para buscar traballo, non dubidou en meterse nelas. Graduada en Psicoloxía e cun máster en Recursos Humanos, esta coruñesa convertiuse na 'influencer' laboral con máis seguidores en Instagram e Tik Tok. Na primeira chega aos 849.000 seguidores e na segunda 604.000. A partires da súa experiencia nos procesos de selección, Eva dá consellos de como causar boa impresión ás empresas, en todos os ámbitos: dende como facer un bo currículo ata como contestar ás preguntas nas entrevistas de traballo. O seu perfil xa o di: 'Consegue o traballo que queres'.

MANDAYO

Aínda que agora estao petando a nivel galego coas súas aparicións no programa da TVG 'Malicia Noticias', o coruñés Miguel Mandayo Lagoa, de 22 anos, triunfa a nivel España. Case acumula un millón de seguidores en Tik Tok e sempre se gañou a vida coas redes sociais, ás que sube un ou dous vídeos ao día, publicando cousas do seu día a día, tanto da súa faceta como futbolista no Victoria CF, como 'sketches' coa súa graza natural. Según di, dentro dos 'sketches', os seus favoritos son os que parodian a vida estudiantil e os contrastes que existen entre cursar Bacharelato e ser estudante universitario.

REBECA STONES

Con só 24 anos a viguesa Rebeca Stones arrasa nas redes, con case un millón de seguidores en YouTube e 776.000 seguidores en Instagram, pero tamén triunfa nas librarías, onde xa leva cinco libros publicados. O seu contido é moi diverso: dende viaxes a moda ou literatura. Pero as súas redes tamén se adican a amosar a rutina do seu día a día: o proceso de escritura, a súa vida en parella, as súas viaxes personais ou a reforma da súa casa, todo vale.

ORSLOK

Volvendo ao mundo dos 'streamers', o betanceiro Germán García Carros, máis coñecido como 'Orslok', comezou a súa carreira como 'youtuber' falando do mundo dos videoxogos. Fai anos era un dos referentes xunto a Míster Jagger ou El Rubius. Pero chegou a pandemia e o 'influencer' galego supo aproveitala, dando o salto dos vídeos en directo a compoñer os seus propios temas musicais de hip-hop. A día de hoxe, con case 30 anos, Orslok conta con 690.000 seguidores en Youtube e leva publicados máis de 10 temas musicais, chegando a gravar un EP.

CRISTINA CERQUEIRAS

Cristina Cerqueiras naceu en Boiro e a fama chegoulle a partir de que se abriu o seu blog en 2013. Traballaba de camareira e, tras pasar un tempo no paro, comezou a amosar os seus 'looks' e a colaborar con marcas ata lanzar a súa propia firma no 2014: 'The Desire Shop'. Con ela, cumpriu o seu soño de vivir da moda, exercendo como deseñadora e maniquí das súas propias creacións. Ten xa 648.000 seguidores en Instagram, onde comparte as súas campañas con firmas como Clarins ou Gisèle Denis, mostra do seu éxito, que se basea en ser valente e dicir sempre o que pensa. 

MICHAEL CHENLO

Sen dúbida un exemplo de crecemento orgánico nas redes, cun peculiar perfil de Instagram no que acumula 520.000 seguidores. As súas fotografías, cheas de efectos especiais, amosan situacións irreais nas que nalgunhas ocasións el participa en primeira persoa. Este 'influencer' galego combina os seus contidos visuais coa súa paixón polos festivais, dos cales saca interesantes e particulares 'outfits' para cada evento que comparte nas redes sociais. Foi parella da famosa 'influencer' Marta Riumbau e, agora, máis coñecido como 'Michenlo', o mozo de Valga adoita pinchar en multitude de festas.

TAMARA GARCÍA

Esta 'influencer' galega que a día de hoxe traballa para a TVG en programas como o 'Land Rober Tunai Show', logrou gran parte dos seus 508.000 seguidores en Tik Tok grazas a unha casualidade: un vídeo que se fixo viral un día no que amosaba, co seu humor natural, como tras saír do dentista tiña a metade da boca paralizada pola anestesia. Disto non fai moito, foi no 2020, e dende entón adícase ás redes sociais, nas que tamén sube parodias de xente como Georgina, unha das súas últimas sensacións.

SILVIA GARCÍA

Silvia García é actualmente unha das 'fashion bloggers' máis seguida de España. O éxito veulle de crear contidos para as redes sobre como adquirir prendas de vestir con baixo orzamento. Coñecida en Instagram como 'Barbatacmode', onde ten 440.000 seguidores, Silvia é a creadora de 'Barbatac', un dos 5 blogs de moda máis seguidos de España, con 30.000 visitas diarias. Ademais, ten a súa propia marca de roupa e complementos: 'A Bicyclette', a cal xa está presente en cinco países. Tamén desenvolveu a súa faceta de escritora cun libro titulado 'Bartabook', onde fala de propostas sobre diferentes destinos e estilos, así como consellos sobre beleza e moda.

CAROLINA IGLESIAS

Outra das sensacións dos últimos anos é Carolina Iglesias, nada en Oleiros. Convertiuse nunha das cómicas que máis proxección ten de toda España actualmente. Triunfa en todo o que fai, dende a súa canle de YouTube 'Percebesygrelos', ata os seus monólogos e colaboracións televisivas. Conta con 395.000 seguidores en Instagram e a clave do seu éxito está no polifacética que é e na naturalidade que desprende, pois tanto pode coordinar o chat de 'Operación Triunfo' como escribir un libro ou colaborar nun programa de radio, como en 'Yu, no te pierdas nada', con Dani Mateo. Hoxe en día o seu 'podcast' 'Estirando el Chicle' é dos máis premiados a nivel nacional.

PAOLA FREIRE

O seu nome é Paola Freire, pero xa ninguén a coñece así, senón polo seu nome en redes: 'Foodtropia'. Esta abogada coruñesa deixou a un lado as leis para adicarse á súa paixón: a cociña. Con máis de 400.000 persoas que a seguen a diario, todas as súas publicacións con preparacións de platos son dignas de imitar. Comer ben e sano é posible coas súas propostas culinarias.

ENRIQUE DANS

Este coruñés arrasa en Twitter e leva anos traballando a súa marca persoal en diferentes redes sociais. As súas publicacións e análises sobre os movementos de Facebook, as previsións sobre o futuro de Instagram ou a relevancia que pode ter Tik Tok no futuro son lidas por máis de 200.000 seguidores en X. Enrique Dans ten, ademais, un blog moi seguido porque é un gran divulgador. Na súa bitácora escribe un 'post' ao día sobre novas tecnoloxías, privacidade, cambio climático, redes sociais...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Parabéns a tod@s elas e eles. Mágoa a escasa presenza da lingua galega; lástima, tamén, que máis da metade das mulleres se dediquen á moda e non ás matemáticas, ou á informática.