Esta nova versión nace co fin de continuar achegando a cultura a toda a poboación na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.
  comenta   0
Retiróuselles o pasaporte e, a nivel xudicial, prohibíuselles saír de España e fixáronse comparecencias xudiciais ante o xulgado, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Lonxe de lograrse o seu rescate e a súa gratuidade, as peaxes da AP-9 continúan subindo de prezo un ano máis, chegando a pagarse máis dun euro de diferenza en certos tramos con respecto ao ano anterior.
  comenta   0
A enquisa do IGE a peche de 2024 recolle que un de cada cinco fogares de Galicia (o 21,33 %) non se permitiu ningún gasto extra nos últimos tres meses, considerando como tales as viaxes, os imprevistos, as grandes compras, o poder aforrar e saír a cear, entre outros.
  comenta   0
Os españois prevén investir no próximo trimestre preto de 634 euros en electrodomésticos como neveiras, 432 euros en televisores, 413 euros en 'smartphones' e 786 euros en viaxes, segundo os datos do 'Barómetro de Consumo' de Cetelem do mes de decembro.
  comenta   0
O seu X-FLR6, que foi quen de levar ao intrépido reporteiro á Lúa dúas décadas antes de que a pisase o Apollo 11, da NASA, xa se pode visitar en Vilanova de Arousa.
  comenta   0
En dependencias policiais, roldan xa o cento as denuncias presentadas por este motivo, persoas que emigraron no seu día a España e que agora querían visitar aos seus familiares.
O BNG anunciou un acordo co Ministerio de Transportes para que as bonificacións das persoas usuarias da autoestrada estatal AP-53, que une Santiago con Dozón (Pontevedra), se aproben no primeiro trimestre de 2025, con independencia de que haxa Presupostos Xerais do Estado (PGE) para o próximo ano.
  comenta   0
A Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi) asegurou que as axencias pequenas optan por facer a xestión a través dunha almacenista. A esta, explicou, fáiselle a reserva do billete "pero se non lle paga no prazo de entre 24 e 48 horas cancélase", opción que non descartou que ocorrese neste caso.
Poranse a disposición destes viaxeiros 42 vehículos, e a previsión é trasladar a unhas 200 persoas, residentes en 20 centros de maiores da cidade.
Así o anunciou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, que asegurou que, do 50 % de desconto no prezo do billete que viña aplicando de forma compartida entre os gobernos estatal e autonómico (asumindo o 30 % e o 20 %, respectivamente), a Xunta manterá a súa parte "a maiores das diferentes vantaxes impulsadas a nivel autonómico".
  comenta   0
"Chega un punto no que o mundo das 'influencers' están a crear expectativas que son irrealistas para gran parte das novas xeracións, trasladándolles mundos de fantasía e de consumismo nos que semella que xa non importa quen somos, senon máis ben o que temos, o que mercamos, o que podemos adquirir... E iso xa me estaba a irritar un pouco", cóntanos esta tudense.
  comenta   0
En Froxán, unha pequena aldea do concello de Lousame, xa hai 11 veciños que realizan os seus desprazamentos en coche compartido e eléctrico: un MG ZS EV (Standard Range). Cando teñen que ir facer a compra a Noia ou levar ás crianzas a actividades extraescolares, apuntan as horas que precisan dispor do vehículo nun calendario online e xa poden empregalo.
  comenta   0
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) comeza o seu dispositivo especial de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico este xoves 5 de decembro, ás 15.00 horas, e estará activo ata a medianoite do luns 9 de decembro.
  comenta   0
A plataforma Ses.Hospedaxes, desenvolvida para introducir os datos de reservas de viaxes, rexistrou un total de 236.811 datos desde a entrada en vigor da súa obrigatoria aplicación este luns, segundo confirmaron fontes do Ministerio de Interior a Europa Press.
  comenta   0
A aplicación do Real Decreto 933/2021 sobre rexistro documental entrará finalmente en vigor o próximo 2 de decembro tras prorrogarse en tres ocasións e ser obxecto constante de críticas por parte do sector turístico, que xa estuda accións legais con respecto á súa inminente entrada en vigor.
  comenta   0
Segundo os datos do Ministerio de Transportes, os dous tramos da AP-9 máis empregados a diario polos condutores son o que une Pontevedra con Vigo, cun custe de 4,60 euros; e o que une Pontevedra con Santiago, cun custe de 6,85 euros. Isto é o que gastaría nesas peaxes anualmente e durante a súa vida laboral un traballador con eses percorridos.
  comenta   0
A Plataforma de Usuarios volveu a pedir aos usuarios que fagan "un bo uso do abono" e se collen billete e non o utilizan o deixen libre para que outra persoa poida viaxar
  comenta   0
O acusado prometeu tres viaxes a unha muller, pero quedou co diñeiro sen que ningunha das viaxes chegase a realizarse.
  comenta   0
A campaña 'Embaixadores de Galicia' contará con perfís internacionais e galegos que destacarán a gastronomía e os atractivos naturais da rexión.
  comenta   0
Expón que Ernest Urtasun "non se referiu nin unha soa vez" á Biblioteca do Estado de Vigo desde que asumiu o cargo de ministro de Cultura.
Visitará este mes Río de Janeiro e Sao Paulo. Atender á diáspora, abrir portas ao empresariado galego e a relación con Portugal, claves na súa axenda internacional esta lexislatura.
  comenta   0
Entre o 2 e o 5 de setembro a cidade de Santiago de Compostela acolle o XVII Congreso Nacional de Viroloxía para abordar os retos aos que se afrontan actualmente os científicos cos virus, entre eles, o cambio climático e a globalización. O GC fala co seu organizador, Jesús López Romalde.
  comenta   0
A Dirección Xeral de Tráfico suxire planificar as viaxes con antelación e evitar as horas máis desfavorables, ademais de consultar información actualizada e estar atendo ás medidas de regulación establecidas.
  comenta   0
A hostalaría e as axencias de viaxes lideran o crecemento, con máis de 94.000 traballadores no sector en xullo.
  comenta   1
Javier e Sonia son unha parella que fai cousa dun mes decidiu deixar toda a súa vida en Sevilla atrás para cumprir o seu gran soño: vivir viaxando e asentarse un tempo en Galicia. Agora están xa aprendendo galego e antes de irse xa sinten "morriña" de ter que deixar "unha terra e unha xente tan fermosa".
  comenta   0