Agravante de reincidencia: o acusado xa fora condenado por estafa dúas veces

O acusado prometeu tres viaxes a unha muller, pero quedou co diñeiro sen que ningunha das viaxes chegase a realizarse.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/10/2024 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro xoves a un falso axente de viaxes que estafou máis de 5.000 euros a unha muller que lle contratou tres viaxes que nunca chegaron a realizarse.

En concreto, os feitos remóntanse aos anos 2019 e 2020, cando o home, que se presentaba como mediador de axencias de viaxe, contratou a unha muller tres viaxes que nunca se materializaron.

O escrito fiscal apunta que o procesado non tiña ningunha relación contractual nin laboral con ningunha das axencias que dicía representar. As viaxes debían realizarse ao longo do 2020 e non se executaron. Con todo, o home quedou cos 5.548,52 euros que a muller lle entregou en tres pagos.

Por iso, o Ministerio Público considera que o acusado é responsable dun delito continuado de estafa, coa agravante de reincidencia, dado que xa fora condenado por este delito en dúas ocasións anteriores. Pide para el tres anos de prisión e a devolución do importe á afectada.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta