(Vídeo) Así é o parking do porto deportivo de Sanxenxo: coches de luxo en cada recuncho

Dende Galicia Confidencial facemos unha rápida visita a este parking un día calquera, a ver que nos atopamos. En só 5 minutos dando un rodeo atopamos dende un Porsche Panamera ata un Audi R8.

Por Ángela Precedo | PONTEVEDRA | 12/07/2024 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Sanxenxo é cuna de luxo. O seu atractivo turístico elevou os prezos desta pequena localidade pontevedresa en todos os ámbitos: dende hoteis ata pisos turísticos, pasando por restaurantes, comercios e tumbonas de praia. E, aínda que hai moitas persoas que veranean en Sanxenxo sen ser multimillonarias, tamén hai moito multimillonario que o fai. Proba diso son os coches de alta gama que en calquera intre do día e en calquera recuncho da vila te podes atopar. Moitos deles conflúen nun lugar: o parking do Náutico. Dende Galicia Confidencial facemos unha rápida visita a este parking un día calquera, a ver que nos atopamos. En só 5 minutos dando un rodeo ao aparcadoiro, isto foi o que vimos:

Parking Nauta Sanxenxo
Parking Nauta Sanxenxo | Fonte: Arquivo

- AUDI R8 (2014) - 80.000-100.000€

- BMW Z4 - 60.000 €

- PORSCHE MACAN S - 80.000-110.000€

- BMW SERIE 6 GT - 85.000€

- PORSCHE PANAMERA GTS - 170.000€

- MERCEDES CLASE C COUPÉ - 50.000-90.000€

- MERCEDES CLASE E COUPÉ - 75.000-120.000€

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta