Un total de 60 equipos de 37 centros educativos galegos pasan á segunda fase de Innovatech FP

A edición de InnovaTech FP 2025 concluirá cunha xornada de presentación das solucións desenvolvidas, da que sairá a proposta gañadora de cada reto, que se incorporará á área de emprendemento industrial do Eduardo Barreiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2025 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Un total de 60 equipos de 37 centros educativos galegos pasaron á segunda fase de InnovaTech FP, en busca de solucións tecnolóxicas innovadoras a un total de 20 retos propostos por firmas punteiras do tecido produtivo. Esta é a segunda edición do programa e de entre os 243 equipos participantes, foron seleccionados o tres que presentaron as mellores propostas de solución para cada un dos retos.

Agora, co apoio técnico do Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense, dispoñen ata final de curso para desenvolvelas. A edición de InnovaTech FP 2025 concluirá cunha xornada de presentación das solucións desenvolvidas, da que sairá a proposta gañadora de cada reto, que se incorporará á área de emprendemento industrial do Eduardo Barreiros.

InnovaTechFP
InnovaTechFP | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta