Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 05/08/2024 | Actualizada ás 21:30
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preguntado polo Galicia Confidencial despois da análise da guía de boas prácticas, recoñece que "ás veces" se produce "unha disparidade e un feísmo en terrazas" de hostalaría que "non debería darse". Cuestionado en relación con este tema en rolda de prensa despois do Consello da Xunta, Rueda lembra que existe unha guía de boas prácticas, aínda que, "salvo que estean en contornas relacionadas con patrimonio", "a maioría é certo que dependen da boa vontade".
Remarca que houbo un auxe de terrazas por mor da pandemia, polo que cre que "se debería incidir máis" para combater o feísmo nas terrazas de locais de hostalaría, posto agora hai moitas "onde antes non había", as cales "viñeron para quedar". Igualmente, apunta que os concellos "teñen moito que dicir" a través de ordenanzas que "poderían regular esta cuestión a efectos de armonización". "É un tema que está aí e no que deberiamos mellorar porque cada vez proliferan máis", admite.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.